Daniel Asorey recibe o Premio Repsol

Categoría: Nova

Nordeste foi o libro premiado polo xurado na última edición do Premio de Narrativa Breve Repsol. O seu autor, Daniel Asorey, recibirá a distinción este mércores nun acto no que presentará tamén o seu libro editado en Galaxia e que xa está ao dispor do público.
Nordeste é a historia do que puido ser e non foi, así nas páxinas da novela desenvólvese a trama do que pasaría se os irmandiños non caesen derrotados e xurdise de Galicia unha república con colonias. Unha historia que ten lugar entre o nordeste de Brasil e unha Galicia que posúe a Compañía Galega de Indias.
O acto comezará ás 20.30h naFundación Paideia Galiza (Praza de Mª Pita, 17) e é aberto ao público. Estarán no mesmo o escritor, Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, Ignacio Egea Kraul, vicepresidente Fundación Repsol, e Victor F. Freixanes, director xeral da Editorial Galaxia. A presentadora do acto será Ana Rodríguez, xornalista e responsable da área de local da Opinión da Coruña e presentadora do acto.
Os nosos parabéns para Daniel Asorey Vidal, gañador do Premio Narrativa Breve Repsol 2016!!da

Compartir na redes sociais: