A invisibilidade

Ser ou non ser, esa é a cuestión. Se preguntarmos pola rúa quen é o autor da famosa cita, a resposta é evidente: William Shakespeare. Ante este feito, hai certas persoas (entre as que me inclúo) ás que lles vén á cabeza unha segunda pregunta: E logo Shakespeare non escribía en inglés? Non me malinterpretedes, […]

Os músicos

Persoa A: …non sodes persoas normais (os músicos) Eu: (Sorprendida, sen querer boto a rir; entre o seu ton de voz e a súa mirada ó dicirmo, noto que pensa que nós, os músicos, estamos como tocados por un halo de divindade ou algo semellante e sorprendese da miña reacción, por suposto non estou da […]

Métodos de lectura

A cotío os creadores son interrogados polo seu método de traballo e, das súas respostas, dedúcese un tratamento da materia diverxente que se divide entre os que optan pola acumulación (engadir elementos até completar a obra, como procede no origami onde, como di Erik Demaine -máximo experto nesta arte-, cada vez que se lle fai […]

Puntos de vista

Porque teño tendencia a identificar a literatura coa poesía –no de que a poesía non coincide coa literatura non lle vou dar ao pau a Gamoneda-, pensaba eu que o texto literario se escribe desde a emotividade e que se hai que achegar á el apancada por un impulso creador inevitable, sustentado nunha carga de […]

Baixar do tren

Din os versos dunha das miñas cancións favoritas que hai xente que vive e aprende e algunha xente só vive e vive. E que certo é! Podemos velo simbolizado nas inmensas rúas ateigadas de xente que te arrastran no seu arroutado camiñar, como glóbulos na circulación sanguínea, rúas como arterias de xente bombeada por un […]

Os contos curriculares

Son mestra dende hai máis de vinte anos; desde os meus comezos moito cambiou o conto na literatura infantil. Cando empecei -ben pola miña inexperiencia, descoñecemento, ou pola escaseza- só unha vez á semana líamos un conto, moitos deles eran os mesmos que escoitara na miña infancia. Se quería contárllelo en galego, non tiña outra […]

Bibliotecas vivas

Aínda lembro cando escribín aquel libriño, O libro na escola: as bibliotecas escolares e de aula, editado pola Xunta. Eran tempos difíciles nos que había que achegar os libros ao noso alumnado. Tempos, iso si, que apuntaban á esperanza. Recordo os primeiros pasos dados no noso centro neste sentido: exposicións de libros (prestados por algunha […]

Ultramarinos

Hai uns meses que mudei de barrio, con todo o que carrexa isto: caras novas, horarios, cambios na paisaxe, sons e ruídos diferentes. Todo se modifica cando te desprazas uns metros… tamén os paseos cambian, e as distancias. Os camiños inzan de nova e suxestiva toponimia: Almorfe, Buzaxe, Cardosteo e que viva o rotacismo! O […]