A escola de todos

Categoría: Opinión

Xa empezou o cole. Milleiros de nenos e nenas volven ao estudo e ao xogo rebuldeiro dentro das aulas. Diferentes medios ofrecían estes días información e imaxes sobre o comezo da escola “nunha absoluta normalidade” Malia que este curso os nosos escolares atópanse con menos axudas e menos profesorado. Porque os nosos gobernantes acordaron agora “optimizar recursos”. E pensaron que sería unha boa idea facer máis recortes en investimento e persoal nos centros de ensino público. E decidiron tamén xustificar o inxustificábel: o desmantelamento que está a sufrir a escola de todos. E para iso non dubidan en enredarnos usando unha terminoloxía enganosa e confusa. Nin en poñer aos pais e nais fronte aos mestres e mestras desprestixiando o seu labor de cada día. Será que este goberno aínda non comprendeu que a educación é o futuro de todos. Nin se deu de conta de que os grandes perdedores nesta contenda non son o ensino público nin os seus traballadores. Son, máis que ninguén, os nenos e nenas deste país.

Compartir na redes sociais: