Antón Lopo recibe o Premio Repsol 2018

Na noite de onte, Antón Lopo recollía na Coruña o Premio de Narrativa Breve Repsol 2018, que lle foi outorgado pola súa nova novela: Extraordinario. No acto, que tivo lugar na sede coruñesa da Fundación Paideia Galiza, estiveron presentes o secretario xeral de Politica Lingüística, Valentín García Gómez, o director da Área Institucional da Fundación […]
María Xesús Lama gaña o Premio de Investigación Baltar Feijoo

O pasado sábado o xurado do I Premio de Investigación Baltar Feijóo, convocado pola Fundación Rosalía de Castro, decidiu outorgarlle o galardón nesta primeira edición á biografía Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdad (1837-1863) de María Xesús Lama, obra que recentemente lle valeu á autora o Premio Nacional de Ensaio. O xurado que […]
Galaxia no Culturgal 2018

Velaquí a nosa programación para o Culturgal 2018, que se celebrará os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Non faltes! Venres 30 de novembro 20:30h a 21:00h – Espazo Libro – Conversa entre Antía Yáñez (autora de Senlleiras) e Anna R. Figueiredo (autora de […]
Xohana Torres enche de literatura os autobuses urbanos de Vigo

No mediodía de hoxe, un autobús de Vitrasa saía da Porta do Sol ata o edificio do Concello de Vigo, nel, repartindo exemplares de Adiós María, o clásico de Xohana Torres, estaban o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o director xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Con […]
25N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión é o título do novo ensaio de Carme Adán. Un volume que inaugura a colección Feminismos da Editorial Galaxia e onde a autora quixo poñer en palabras a violencia que sofren as mulleres dentro da actual sociedade patriarcal. Unha violencia que, nos últimos tempos, se ten […]
Anna R. Figueiredo recolle o Premio Viadutos de Novela e presenta Os bicos feridos

Hoxe, ás 12:00h, o Salón de Plenos do Concello de Redondela acolleu a entrega do Premio Viadutos de Novela 2018, que nesta primeira edición tivo como gañadora a Anna R. Figueiredo (Ourense, 1979). Ademais, tivo lugar tamén a primeira presentación pública da novela galardoada Os bicos feridos, que estes días chega ás librarías da man […]
Chega ás librarías As ramonas, Premio García Barros 2018

Estes días chegaba ás mesas de novidades As ramonas, a primeira novela de Ana Cabaleiro, que foi ademais merecente do Premio Manuel García Barros 2018. Un dos libros máis agardados dos últimos meses. Mona Otero é unha muller loitadora e soñadora que persegue con ansia, e mesmo con desesperación, a súa meta de triunfar no […]
Coñécense as obras finalistas do I Premio de Novela Camiño de Santiago

Convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Naturgy e a Editorial Galaxia, a primeira edición do Premio de Novela Camiño de Santiago xa ten finalistas. Reunido na mañá de onte na cidade de Compostela, o xurado decidiu declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas El […]