Deixe a súa mensaxe despois do sinal finalista do Premio Novela Europea

Días antes do Nadal soubemos da marabillosa nova: Deixe a súa mensaxe despois do sinal, a exitosa novela de Arantza Portabales era única finalista en galego dunha anovada edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A carón de Perdón, de Ida Hegazi Hoyer; Recursos inhumanos, de Pierre Lemaitre; Tierra de campos, de David Trueba; e […]
Bo Nadal 2018 e Feliz Aninovo 2019

O 23 de decembro cúmprense 50 anos da primeira publicación de A GALIÑA AZUL, o clásico infantil de Carlos Casares que leva décadas formando parte das bibliotecas de milleiros de fogares. Porque a literatura é sempre punto de encontro, lugar de aprendizaxe, xesto de cariño. Por iso, dende Galaxia desexámosvos da man da galiña azul […]
Fernando Redondo Neira gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

A obra Os amorodos de Bergman, de Fernando Redondo Neira resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2018, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Naturgy. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 21 de decembro de 2018, ás 11 horas, no […]
Galaxia publica en edición facsimilar os Álbums de Guerra de Castelao

Por primeira vez en edición facsimilar a partir das láminas orixinais, os tres álbums publicados por Castelao durante a Guerra Civil chegan estes días ás librarías Galaxia pecha o seu ano literario despois de máis dun cento de novidades, coa publicación dos tres Álbums de Guerra de Castelao. A recuperación deste capítulo fundamental da obra […]
Este luns coñeceremos a obra gañadora do I Premio de Novela Camiño de Santiago

Este luns, 17 de xaneiro,ás 17:00h, terá lugar na Sala Eisenmann da Cidade da Cultura de Galicia a entrega do I Premio de Novela Camiño de Santiago. O acto estará presidido polo Conselleiro de Cultura e Turismo Román Rodríguez González e contará con representantes das outras tres entidades colaboradoras: Naturgy, a Academia Xacobea e a […]
Publícase Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo

Este venres, ás 20:00h, estaremos no Club Faro do Faro de Vigo, no Auditorio Municipal do Areal, para presentar o volume Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo. Neste volume, publicado co apoio da Deputación de Pontevedra, oito mulleres moi diferentes foron convocadas a escribir sobre a súa experiencia arredor da folga […]
O segredo das Burgas: o debut literario de Andrés Pombo Graña

Estes días comeza a chegar ás librarías O segredo das Burgas, a novela coa que Andrés Pombo Gaña debuta na narrativa galega, unha obra que sorprende pola súa enorme madureza, e que nos vai enguedellando dende os primeiros capítulos para non soltarnos. Unha novela luminosa malia a moverse na escuridade, no misterio e o terror […]
Xa nas librarías O libro dos libros

Un conto moi vello fala dunha panadeira a quen lle preguntaron unha vez que por que escollera esa profesión e non outra. Dixo que adoraba comer pan, como recendía cando saía do forno, a textura e a súa temperatura, sobre todo cando aínda estaba quente e había que pasalo dunha man a outra para non […]