Galaxia bota a andar a colección Feminismos

Feminismos é o título escollido para a nova colección da Editorial Galaxia que comezará a chegar ás mesas de novidades das librarías galegas a finais deste mes. Unha aposta desta casa por axudar a visibilizar a causa das mulleres en Galicia. Tres son os títulos escollidos para este primeiro desembarco: ám@me de Chis Oliveira e […]
Chega ás librarías A derradeira bala

Estes días chega ás librarías A derradeira bala, a pexa de teatro para adolescentes coa que Fernando Castro Paredes gañou o I Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño. Luciano é descuberto intentando desertar da guerra e, despois de ser xulgado polos seus superiores, é condenado a morte. Á mañá seguinte, será fusilado coa última […]
A filla do minotauro chega a Compostela

Estes días chegaba ás mesas de novidades das librarías A filla do minotauro, a nova novela de Marilar Aleixandre que lle valeu á autora o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil que convoca a Deputación da Coruña. Un libro onde se nos conta unha historia de aventuras (xénero que leva practicando a autora dende sempre) sobre […]
María Xesús Lama gaña o Premio Nacional de Ensaio

No día de hoxe, soubemos que a galardoada co Premio Nacional de Ensaio que concede o Ministerio de Cultura e Deporte do Goberno de España era nesta ocasión María Xesús Lama, autora de Rosalía de Castro. Cantos de liberdade e independencia (1837-1863), obra que lle valeu o premio. Galaxia publicaba o pasado mes de febreiro […]
Inaugúrase en Compostela a exposición sobre o Alba de Gloria de Castelao

Escoitar e ver o último discurso de Castelao da súa man, cun formato innovador e vangardista. Así é “Alba de Gloria. Unha experiencia”, a mostra que inaugurou este serán en San Domingos de Bonaval a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, canda o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e […]
Domingo Villar publicará en marzo O último barco

O vindeiro 6 de marzo chegará ás librarías O último barco unha nova entrega do inspector Leo Caldas que se publicará simultáneamente en galego e castelán A filla do doutor Andrade vive nuna casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira. Alí, as mariscadoras traballan […]
Galaxia reedita o Alba de Gloria de Castelao

“Alba de Gloria” foi o derradeiro discurso que pronunciou Castelao en vida. Tivo lugar no festival do Centro Galego realizado no teatro Argentino co gallo do Día de Galicia, un 25 de xullo de 1948. “Alba de Gloria” é un discurso en que cita as grandes figuras esenciais na configuración da cultura galega. Entre Prisciliano, […]
Marcos Calveiro gaña o Premio San Clemente

A última novela de Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses, que xa fora recoñecida co Premio de Novela Manuel García Barros no 2017, foi merecedora hoxe do Premio San Clemente na súa categoría en galego. Nesta XXIV edición do Premio San Clemente, que convocan o IES Plurilingüe Rosalía de Castro e Abanca co apoio da Secretaría […]