Coñécense as obras finalistas do I Premio de Novela Camiño de Santiago

Categoría: Nova
Convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Naturgy e a Editorial Galaxia, a primeira edición do Premio de Novela Camiño de Santiago xa ten finalistas. Reunido na mañá de onte na cidade de Compostela, o xurado decidiu declarar finalistas as obras presentadas baixo os lemas El juego de la Coca, Camiño de paixón, Ego sum e Ecúmene. Calquera delas pode acardar o premio de 6000 euros en que consiste o galardón e ver o seu libro publicado pola Editorial Galaxia.
O xurado está composto polo presidente da Academia Xacobea Xesús Palmou; o escritor Ulises Bértolo: a responsable de Relacións Institucionais e Comunicación de Naturgy en Galicia, Amalia Baltar; o catedrático de Historia da Universidade de Santiago de Compostela Pegerto Saavedra; a escritora Rosalía Morlán; e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Todos eles reuniranse para escoller a obra gañadora o vindeiro luns 3 de decembro, aínda que non será ata o día 17 dese mes que poderemos coñecer o título e a autora ou autor afortunados. A entrega do galardón terá lugar ese mesmo día nun acto na Cidade da Cultura que contará coa presenza dos representantes das entidades convocantes.
Compartir na redes sociais: