Tres meses da colección Feminismos

A colección Feminismos da Editorial Galaxia comezou a andar a finais de novembro do ano pasado co desembarco nas mesas de novidades das librarías galegas de tres títulos clave: Feminicidio, unha nova orde pariarcal en tempos de submisión, de Carme Adán; ám@me, pensar o amor no século XXI, de Chis Oliveira e Amada Traba; e […]

Víctor F. Freixanes presenta novela en Compostela

Este luns, 18 de febreiro, ás 19:30h, agardámosvos na libraría Cronopios de Santiago de Compostela para asistir á presentación da nova edición de O triángulo inscrito na circunferencia, a novela de Víctor F. Freixanes que revolucionou o panorama da narrativa galego a inicidio dos anos 80. Acompañando ao autor estarán a profesora da USC Dolores […]

Estrelas da despensa galega galardoado no Premio de Xornalismo Álvaro Cunqueiro

Onte soubemos da boísima nova de que Estrelas da despensa galega, o libro de Carina Regueiro sobre os mellores produtos da nosa terra, acadaba o segundo premio do XXV Premio de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”. O premio dotado con mil euros, recaeu en Estrelas da despensa galega e 67 receitas con historia e sabor, publicado a […]

Chega ás librarías Non trabes na lingua

Estes días comezaba a chegar ás librarías Non trabes na lingua, o novo libro de Antón Cortizas na colección Árbore para lectores a partir dos 8 anos. Ilustrado con grandes doses de poesía por Pepa Prieto Puy, Non trabes na lingua é, coa retranca coa que o título o indica, un volume de trabalinguas para […]

Versogramas acada 4 nominacións nos Premios Mestre Mateo

O documental Versogramas, publicado nunha coidada edición con textos e dvd o pasado ano na nosa colección de Libro-Cinema, acaba de ser nominada en catro categorías na vindeira edición dos Premios Mestre Mateo, os grandes galardóns do audiovisual galego. Mellor documental, mellor montaxe, mellor música orixinal e mellor dirección de fotografía son as categorías nas […]

Chega ás librarías a nova novela de Isaac Xubín

Estes días comeza a chegar ás librarías Os largos e longos campos de liño azul, a nova e agardada novela de Isaac Xubín despois de que gañase o Premio da Crítica Española de narrativa en galego por Non hai outro camiño (2016). Nesta nova entrega, Xubín volve botar man de xeito maxistral dunha estrutura fragmentaria […]

Estreamos espazo en Nós Televisión

O pasado mes de xaneiro estreamos espazo de libros na canle de Nós Televisión. #UniversoGalaxia foi o nome escollido para unha sección onde teredes a oportunidade de coñecer máis de preto as nosas novidades literarias da man das súas autoras e autores. A encargada de estrear este novo espazo foi Ana Cabaleiro que, con As […]

Convocado o II Premio Roberto Vidal Bolaño

Xa está aberto o prazo para que envíes a túa peza teatral ao II Premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais para o público xuvenil. Convocado polo Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, este premio nacía o pasado 2018 co obxectivo de de fomentar a escrita de textos teatrais […]