Domingo Villar presenta O último barco en Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios, espazo clave e referencial na última intriga de Domingo Villar, acollerá este xoves 7 de marzo ás 19:30h a presentación en Vigo de O último barco a nova entrega de novela negra protagonizada polo inspector Leo Caldas. Acompañando ao autor estarán o escritor Víctor F. Freixanes, presidente da […]
Galaxia publica Feminismos. A historia cóntana as vencedoras

Na xornada de onte, tivo lugar na Cidade da Cultura de Galcia a presentación do volume Feminismos. A historia cóntana as vencedoras de Anna R. Figueiredo. Neste encontro coa presnsa, participaron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella,; o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; e a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana […]
Le o primeiro capítulo da nova novela de Diego Giráldez

Hotel para coleccionistas discretos é a primeira e agardada novela de Diego Giráldez que chegará o vindeiro 15 de marzo ás librarías. Hoxe convidámosvos a ler o primeiro capítulo, que podes descargar premendo aquí.
O último barco chega o 6 de marzo ás librarías

Este mércores, 6 de marzo, chegará ás librarías o agardado regreso de Domingo Villar e do seu inspector Caldas: O último barco. Case 800 páxinas de ritmo trepidante, a través das cales Leo Caldas descubrirá que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras. Unha […]
A Fundación Otero Pedrayo e Galaxia colaboran na difusión da súa obra

Aínda que sempre foi unha fecunda simbiose a que se desenvolveu entre ambas as institucións, a Editorial Galaxia e a Fundación Otero Pedrayo decidiron asumir conxuntamente as accións relativas á promoción, publicación e espallamento da obra de don Ramón. Así pois, Afonso Vázquez-Monxardín en nome da Fundación e Francisco Castro pola Editorial, coidarán o plan […]
Arranca o ano Fraguas

O pasado venres asistimos no Museo do Pobo Galego á presentación institucional da programación do ano Fraguas nunha rolda de prensa convocada pola Consellería de Cutlura da Xunta de Galicia. Entre as moitas iniciativas que alí se deron cita, houbo tamén espazo para as propostas editoriais, entre as que Galaxia capitanea a recuperación da obra […]
Celebramos a Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celebramos o 182º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, autora maior das nosas letras, e facémolo cun breve repaso da pegada rosaliana no catálogo de Galaxia. Dende as edicións da propia obra da autora, dúas de Cantares gallegos e unha de Follas novas, ata o clásico de Ramón Otero Pedrayo, Rosalía, no que […]
Celebramos o Día da Lingua Materna

Na Editorial Galaxia sumámonos hoxe, 21 de febreiro, á celebración do Día da Lingua Materna. A UNESCO entende que o Día da Lingua Materna está destinado a celebrar e preservar a diversidade lingüística do noso planeta, asegurando vías de desenvolvemento sostible para todas as linguas. Promulga deste xeito, através da celebración do 21 de febreiro, […]