Inaugúrase a exposición As caras dos libros

Dende o 31 de xaneiro pode verse na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo a exposición As caras dos libros. Unha viaxe polo deseño das cubertas na obra de Carlos Casares e na colección Árbore, un proxecto que nos enche de orgullo e do que somos entidade colaboradora a carón da UVigo, a […]

30X: Día da Ilustración e aniversario do nacemento Castelao

Hoxe, mércores 30 de xaneiro, en Galaxia unímonos á celebración do día da Ilustración e tamén do aniversario do nacemento de Castelao, e facémolo dun xeito moi especial, recomendándovos a lectura dos seus Álbums de Guerra, que estaremos presentando esta tarde ás 19:30h no Edificio Sexto do Museo Provincial de Pontevedra a carón de Xosé […]

Chega ás librarías A casa do paralelo 54

Estes días comeza a chegar ás librarías A casa do paralelo 54, o novo libro de Iria Collazo López (Barro, 1981) para o público infantil. Publicado na colección Árbore, A casa do paralelo 54 móvese na fronteira entre os últimos chanzos da literatura para cativos, a partir do 12 anos, e as primeiras lecturas xuvenís, […]

Convócase o Premio Viadutos de Novela 2019

Xa está aberto o prazo para que envíes a túa novela ao Premio Viadutos 2019. Convocado polo Concello de Redondela a través da súa Concellería de Xuventude, este galardón está destinado a premias novelas cunha extensión mínima de 100 páxinas. O recepeción de orixinais estenderase ata o vindeiro 29 de marzo de 2019. Podes gañar […]

Galaxia e a Deputación de Pontevedra homenaxean a Castelao

Nun rolda de prensa celebrada onte no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra, Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, a investigadora Diana Vilas e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, anunciaron un acto de homenaxe a Castelao previsto para o vindeiro 30 de xaneiro que terá como protagonista a presentación da […]

Preséntase O segredo das Burgas en Ourense

Hai cousa dun mes, chegaba ás librarías O segredo das Burgas, a novela coa que Andrés Pombo Gaña debuta na narrativa galega, unha obra que sorprende pola súa enorme madureza, e que nos vai enguedellando dende os primeiros capítulos para non soltarnos. Unha novela luminosa malia a moverse na escuridade, no misterio e o terror […]

Falece o escritor e xornalista Arturo Lezcano

O escritor e xornalista Arturo Lezcano finou onte, aos 79 anos de idade, na Coruña. Foi director de Ferrol Diario e redactor xefe de La Voz de Galicia; no ámbito da literatura era moi coñecido polo seu vencello con Vicente e Antón Risco. Precisamente a última obra de Arturo Lezcano publicada por Editorial Galaxia (2013) foi […]

Galaxia reedita O triángulo inscrito na circunferencia

Nos próximos días chegará ás librarías esta reedición do clásico novelístico do presidente da Real Academai Galega Publicada por primeira vez en 1982, O triángulo incrito na circunferencia convertiríase de contado nun éxito entre os lectores e unha revolución no panorama literario. Gañadora do Premio Blanco Amor e do Premio da Crítica, esta era a […]