Galicia na Feira do Libro de Buenos Aires

Tamén actuou a orquesta "Treboeiro", composta por fillos e netos da colectividade galega, na sala Jorge Luis Borges do recinto ferial e ante un público de arrerdor de cincocentas persoas. Era a primeira vez que Galicia recibía este tratamento na Feira do Libro de Buenos Aires, pola que está previsto que pasen arredor de 1.300.000 […]

Premio da Crítica para Henrique Monteagudo

O profesor e investigador Henrique Monteagudo, vén de ser recoñecido co Premio da Crítica a pasada fin de semana na modalidade de Investigación, un galardón máis que vén a sumarse aos moitos que xa atesoura despois de tantos fecundos anos de traballo. Henrique Monteagudo, codirector da revista GRIAL, recibiu tan prestixioso galardón polo seu traballo […]

A importancia de ler a Piñeiro

Beatriz García Turnes preparou para a Editorial Galaxia o volume "Vida e Obra de Ramón Piñeiro," un texto esencial no que, ademais de facer unha viaxe pola súa vida de compromiso co país, nos ofrece unha antoloxía moi completa que nos permite acceder aos textos fundamentais do autor de Láncara. A escritora e profesora compostelana […]

¿Hai tabús na literatura infantil e xuvenil?

Hoxe, ás sete do serán, dentro dos actos organizados no marco da Feira do Libro de Lugo, o escritor Francisco Castro manterá unha conversa co público arredor da existencia ou non de tabús na literatura infantil e xuvenil. Castro vén de publicar na colección Árbore 12 anos o seu novo libro "Chamádeme Simbad", no que […]

Lembranza de María Vitoria Moreno

"Onde o aire non era brisa" foi traducida por Xavier Senín, un dos seus grandes amigos, que tivo palabras especialmente sentidas de admiración e afecto para a escritora. Os profesores do instituto Torrente Ballester de Pontevedra, onde María Vitoria Moreno exerceu o ensino durante anos, dedicáronlle unha especial homenaxe, co gallo da publicación do seu […]

O segredo do humor

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia un ensaio esencial de Celestino Fernández de la Vega (1914-1986). "O segredo do humor" foi publicado orixinariamente no ano 1963 e está considerado unanimemente un dos cumios da ensaística galega. Neste libro, o autor de Friol plantea unha das reflexións máis sutís, rigorosas e orixinais […]

Olladas sobre Piñeiro en Vigo

Hoxe, ás 20 horas, na Fundación Carlos Casares de Vigo, presentaremos o novo número da revista GRIAL dedicado a Ramón Piñeiro. No acto participarán Henrique Monteagudo, codirector da revista, o filósofo Carlos Fernández, o experto na obra de Piñeiro, Miguel Barros, e Damián Villalaín. Todos eles achegaron distintos traballos neste número da revista. GRIAL súmase […]

Xosé Manuel Beiras, Premio Trasalba 2009

Con este galardón, a Fundación Otero Pedrayo recoñece no político santiagués a súa dedicación a Galicia, no espírito xeneroso desenvolvido no seu tempo pola Xeración Nós. O Premio, que ten carácter honorífico, entregarase, como todos os anos, na Festa Literaria que se celebra o derradeiro domingo de xuño (día 28), ás doce horas, na Casa […]