Olladas sobre Piñeiro en Vigo

Categoría: Nova

Hoxe, ás 20 horas, na Fundación Carlos Casares de Vigo, presentaremos o novo número da revista GRIAL dedicado a Ramón Piñeiro. No acto participarán Henrique Monteagudo, codirector da revista, o filósofo Carlos Fernández, o experto na obra de Piñeiro, Miguel Barros, e Damián Villalaín. Todos eles achegaron distintos traballos neste número da revista.

GRIAL súmase con este número ás actividades deste ano, no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das letras Galegas. Un número dedicado a unha personalidade que, como poucas influíron na vida cultural e política galega das últimas décadas. Ramón Piñeiro é fundamental para comprender a evolución da conciencia política e cultural de Galicia na segunda metade do pasado século.

No número, coordinado por Henrique Monteagudo e Carlos Fernández (que tamén contribúe cun artigo) colaboran Miguel Barros, Justo Beramendi, Víctor F. Freixanes e Damián Villalaín. Trátanse con diferentes ‘olladas’ algunhas das facetas intelectuais e políticas de quen foi fundador e director, xunto con Francisco Fernández del Riego, desta revista dende o ano 1963 ata 1998, vinte e cinco anos que acompañaron e impulsaron un enorme cambio cultural en Galicia.

Compartir na redes sociais: