Serán de música e poesía en Vigo

Hoxe, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo, presentarase o novo libro de Antonio García Teijeiro, 'A poesía necesaria. Lectura e creación poética dentro da aula'. O autor estará acompañado por Miguel Vázquez Freire, David Otero e o coordinador de novos proxectos de Galaxia, Francisco Castro. Durante o acto, Nardo Carpente interpretará un […]

Tres galegos na porta do 'Nobel Infantil e Xuvenil'

Estes tres autores galegos (aínda que Farias escribe en castelán, mais ten obra no noso catálogo en galego) son este ano firmes candidatos para afacerse co premio 'Astrid Lindgren', considerado como o Nobel de Literatura Infantil e Xuvenil. Un total de 168 candidatos propostos por 60 países diferentes, loitarán por conseguir tan imporante distinción. Os […]

O curruncho galego

Dende as terras afastadas do Uruguai, o libreiro Manuel Losa, autor de 'Catro historias de emigrantes', fainos chegar unhas fotos do que el chama 'O curruncho galego', ou o que é o mesmo, un espazo, na súa librería, dedicado á literatura galega. No noso blog ofrecemos outras fotos máis para completar esta paisaxe visual fermosa […]

Nun lugar chamado Guerra

A primeira edición foi en 2002, ano no que recibira o IV Premio Abril de Narrativa para a Mocidade, un dos tantos recoñecementos que ten obtido este autor prolífico e recoñecido internacionalmente. Néstor Pujalte, xornalista de vintecatro anos, é enviado a informar sobre a guerra que ten lugar na república exsoviética de Tudzbestán. Alí coñece […]

Comezan as campañas de Galaxia para o ensino

O pasado venres, a subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da secretaría, Cristina Rubal, e mais o coordinador de Novos Proxectos da Editorial Galaxia, Francisco Castro presentaron as dúas campañas ideadas por Galaxia para o programa da Secretaría Xeral, Bocaberta, 'En galego, por que non?' dirixida a alumnos de Bacharelato e 'Monicrequeando' para os […]

'Otero sempre en Trasalba'

O museo Verbum – Casa das Palabras inaugura hoxe a exposición temporal OTERO SEMPRE EN TRASALBA. O acto dará comezo ás 20 horas nas dependencias do museo. A exposición sobre Otero Pedrayo compleméntase cunha dramatización a cargo da actriz Sabela Galgo a partir do libro de Otero, 'Contos do camiño e da rúa'. Ela preséntase […]

Presentación do ensaio CAMIÑANTES, de Marcelino Agís

Marcelino Agís Villaverde, profesor de Filosofía na USC, estivo acompañado neste acto por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, José Manuel García Iglesias, director de Acción Social de Caixa Galicia, Xavier Martínez Cobas, secretario do padroado da Fundación Isla Couto -coeditora do libro-, e Xerardo Fernández Albor, ex Presidente da Xunta de Galicia. Ante […]

Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María de teatro

O responsable das coleccións Árbore e Costa Oeste de Galaxia, o escritor Xosé A. Neira Cruz, despois de gañar o ano pasado o Barriga Verde de textos teatrais, recibiu onte o Manuel María de Teatro pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns teatrais que convoca […]