'Otero sempre en Trasalba'

Categoría: Nova

O museo Verbum – Casa das Palabras inaugura hoxe a exposición temporal OTERO SEMPRE EN TRASALBA. O acto dará comezo ás 20 horas nas dependencias do museo.
A exposición sobre Otero Pedrayo compleméntase cunha dramatización a cargo da actriz Sabela Galgo a partir do libro de Otero, 'Contos do camiño e da rúa'. Ela preséntase como Balbina, a ama da casa de Otero en distintas fases da súa vida, cando chega de nena a servir, de adulta e na vellez. No medio, os contos de Otero nunha actividade que pretende achegar ao público a memoria deste grande e polifacético humanista convertido en vida en símbolo de unidade dos galegos que o fixo merecente do sobrenome de "Patriarca das Letras Galegas".

Compartir na redes sociais: