Xosé A. Neira Cruz leva o Manuel María de teatro

Categoría: Nova

O responsable das coleccións Árbore e Costa Oeste de Galaxia, o escritor Xosé A. Neira Cruz, despois de gañar o ano pasado o Barriga Verde de textos teatrais, recibiu onte o Manuel María de Teatro pola súa obra 'Sopa de xarope de amora', sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns teatrais que convoca o AGADIC.
Tras recibir o premio, o autor referiuse á súa satisfacción diante do galardón e á necesidade de que o teatro para cativos teña máis presenza e visibilidade. Ao ver do xurado, a obra gañadora é "unha comedia áxil e divertida, protagonizada por personaxes estrambóticos que actualizan algúns dos tradicionais contos de fadas creando unha atmosfera que estimula a imaxinación".
Como trasfondo de toda a obra, segundo explicou Neira Cruz, unha importante crítica social.

Compartir na redes sociais: