Circe e Penélope: unha ollada nova sobre os vellos mitos

Os mitos están aquí para quedarse, poderiamos dicir. Os mitos manteñen unha actualidade asombrosa. Begoña Caamaño (Vigo, 1964) bota man dunha cita de Álvaro Cunqueiro para reivindicar a utilización dos grandes referentes clásicos: Circe, Penélope, Ulises, o mundo da Odisea e de Ítaca, a espera da muller acosada polos pretendentes, a ausencia do esposo, Telémaco, […]

O libro electrónico si ten futuro

A decidida aposta pola cultura dixital e a proposta de creación dunha plataforma conxunta para todo o sector foron as conclusións máis importantes do VI Simposio "O libro e a lectura" celebrado os días 12 e 13 de novembro no Consello da Cultura Galega, actividade anual organizada pola sociación Galega de Editores (AGE) co patrocinio […]

'O momento é crítico para o galego'

Hoxe, ás 20 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, Henrique Monteagudo presenta o seu novo libro 'As razóns do galego. Apelo á cidadanía'. No acto estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Xosé Hermida, delegado de El País en Galicia. Co gallo desta presentación, mantivemos unha interesante entrevista co autor […]

É tempo de Samaín

Son moitos os que celebran o Halloween no noso país, unha festa que nos chegou, no esencial, a través dos telefilmes norteamericanos. Discotecas, parques temáticos e bares centran as noites desta fin de semana a súa oferta de ocio na famosa festa globalizada polo poder da imaxe estadounidense. Sen embargo, dende hai uns anos, colectivos […]

Pierre Michon, Gran Premio da Academia Francesa

O escritor Pierre Michon, un dos escritores xa míticos da narrativa francesa actual, acaba de ser galardoado co gran premio de novela da Academia Francesa pola súa nova novela 'Os once', que Editorial Galaxia porá á venda a mediados do próximo mes de novembro dentro da colección Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que conta co […]

Bolboleta sira-nia nanál

Se hai unhas semanas celebrabamos que o relato inserido en 'Que me queres, amor?' (Galaxia, 1995), e que tamén é libro de seu na nosa fala e noutras, 'A lingua das bolboretas', aparecía en bretón, hoxe marabillámonos pola saída deste texto en tetún, unha das linguas oficiais en Timor Leste. Baixo do título de 'Bolboleta […]

Xosé Monteagudo, Premio García Barros 2009

O xurado estivo formado polos profesores e críticos literarios Inma Otero Varela e Armando Requeixo, por Luís Alonso Girgado, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Carlos Lema, en representación de Editorial Galaxia, e Valentín García Gómez, secretario do xurado. Os membros do xurado destacaron a orixinalidade da trama da novela, dentro do universo […]

Letras Galegas e Libres

A semana pasada dabamos conta da homenaxe dos tradutores galegos a Marilar Aleixandre e, tamén, das moitas novidades que no eido da tradución estamos a preparar dende a Editorial Galaxia. Achegamos hoxe a esta web, e nunca mellor sitio foi o apropiado, do proxecto dixital Bitraga, a Biblioteca de Tradución Galega que foi presentado a […]