90 anos de NÓS

O pasado sábado cumpríronse os noventa anos da saída do primeiro número da revista Nós, publicación esencial para entender o galeguismo e, en defintiiva, todo o que somos. Porque, quen non coñece o famoso deseño de Castelao ou as angueiras de Anxel Casal, despois fusilado polos fascistas no 36, e tantas e tantas historias vencelladas […]
Libros predilectos polos máis novos e novas

Será en Abril, durante a celebración da Festa da lingua, cando se saberá quen son os gañadores este ano nas distintas categorías do prestixioso premio Frei Martín Sarmiento, un bonito galardón organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas e no que rematan participando arredor de 25.000 escolares de todo o país. Nesta edición, […]
Conferencia de Alonso Montero na exposición Fermín Penzol

"Descubrín a biblioteca de Fermín Penzol nos primeiros anos 50, en Madrid, antes de que se constituíse a Fundación que leva o seu nome. Cheguei á súa casa da man de Ben-Cho-Shey. Alí estaban os tesouros dos libros galegos". O profesor Xesús Alonso Montero disertou sobre bibliofilia galega, centrando a súa intervención en dúas figuras […]
Presentación de INSTITUCIÓNS DOCENTES E GRANDES MESTRES EN OURENSE

Este mércores haberá unha presentación diante dos medios de comunicación do libro de Enrique Bande, 'Institucións docentes e grandes mestres en Ourense', un volume que se achega á importancia dos docentes na provincia ourensá ao longo da súa historia, á paulativa incorporación das mulleres ao ensino e, en definitiva, a analizar o papel que o […]
"O imposible de desatar", de Iván García Campos

Os lectores de todo o país xa poden disfrutar do novo premio Blanco Amor de Novela, que este ano recaeu nun autor que comeza a súa andaina literaria, Iván García Campos, coa súa obra 'O imposible de desatar', unha obra que sorprendeu ao xurado pola súa forza narrativa. Na novela, o lector vai ter que […]
"Memorias dun neno labrego" en Galaxia

Será o primeiro caso no que a Biblioteca de Autor de Galaxia se dedica a un escritor vivo. É o recoñecemento da súa condición de clásico. Antes de final de ano sairán os dous primeiros títulos: "Memorias dun neno labrego" e "Cartas a Lelo", que se incorporan deste xeito ao importante patrimonio da editorial. Deseguido […]
'A esmorga' ao completo

Estes días está chegando ás librerías de todo o país 'A esmorga' de Eduardo Blanco Amor como o escritor querería vela, é dicir, coas pasaxes eliminadas pola censura franquista na edición de 1970. Corenta anos despois, lemos esta novela, considerada por moitos como o mellor libro da historia da literatura galega, íntegra e con todos […]
Presentación de 'Made in Galiza' en Istambul

Será o sábado 6 de novembro, na Feira do Libro de Istambul cando Séchu Sende presentará as traducións ao curdo e ao turco do seu 'Made in Galiza'. O escritor, segundo nos informa, dará unha conferencia que servirá como reivindicación das linguas en vías de normalización, denuncia da política lingüística do goberno galego incluída, entre […]