Domingo Villar no Mord am Hellweg de Alemania

Categoría: Nova

O escritor vigués Domingo Villar será o único escritor de todo o estado español convidado para participar no Mord am Hellweg de Alemania, o festival de novela negra máis importante de Europa. O autor de 'Ollos de auga' e 'A praia dos afogados' e creador do detective Leo Caldas participará neste importante evento no que están chamados a acodir seiscentos escritores e escritoras de todo o mundo.
Unha boa nova para a literatura galega que nos enche de ledicia neste comezo da semana. Parabéns, enormes, para Domingo!

Compartir na redes sociais: