Os libros prestados

Categoría: Nova

Estes días está a chegar ás librerías de toda Galicia (e de feito foi un dos libros máis solicitados no recente Festigal), o novo libro de Xabier López López. 'Os libros prestados' é o título dun mollo de relatos nos que libros, lectores e literatura teñen moito que contar. Daquela, libro sobre libros, ou non, libro sobre lectores, ou quizais sobre letraferidos e sobre esa lectura infinita que sempre é a vida.
Con esta nova obra, Xabier López López volve á actualidade literaria para gozo dos moitos lectores e lectoras que, dende o seu debut hai xa algúns anos con 'Doutor Deus', saben que estamos diante dun dos autores esenciais do noso sistema literario.

Compartir na redes sociais: