Xosé Ramón Barreiro, premio Trasalba 2010

A executiva da Fundación Otero Pedrayo determinou por unanimidade conceder o Premio Trasalba 2010 ao historiador e académico Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente ata hai pouco da Real Academia Galega. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que anualmente se celebra na casa grande de Cimadevila, en Trasalba, no derradeiro domingo do […]
A biografía de Uxío Novoneyra

O xoves na Feira do Libro de Santiago, o escritor e xornalista Antón Lopo presentou A DISTANCIA DO LOBO, unha obra xa imprescindible para afondar na figura de Uxío Novoneyra, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Xunto co autor participaron no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Herminio Barreiro, profesor da […]
Un texto dunha luz que alegra

Este xoves presentouse na sede da viguesa Fundación Carlos Casares, a nova obra de Manuel Janeiro, 'A abella abesullona'. No acto participaron o editor da obra, o Coordinador de Novos Proxectos da editorial, Francisco Castro, o escritor Antonio García Teijeiro e o autor. Francisco Castro explicou a emoción que sentira cando o texto chegou ás […]
"Cultura do Viño e Literatura"

Esta primeira sesión terá lugar mañá martes, ás 20.00 h, no Lar das Meigas (Rúa do Vilar, 47), en Santiago de Compostela. Xunto ao autor e coordinador do curso, participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Xosé Ramón Meiriño, presidente do Consello Regulador D. O. Rías Baixas. O curso de "Cultura do Viño […]
"Cartas marcadas" en Bruxelas

Unha reflexión sobre a lectura e a vocación de escribir. Unha viaxe pola experiencia persoal do escritor diante dos libros e diante dos seus propios textos. Un diálogo entre os autores e os lectores, que se recoñecen a través do imaxinario común da literatura. Así concibe Xavier Queipo (Santiago, 1957) a súa última entrega, un […]
O galego escoitouse no Parlamento Europeo

Que a nosa lingua vaia facéndose presente en espazos que deberían ocupar de natural, é sempre unha boa nova. Nese espírito debemos enmarcar a participación de destacados representantes da nosa cultura nunha mesa redonda que a UNED organizou con motivo da Presidencia Española da Unión Europea, e en colaboración co Parlamento Europeo, sobre "As culturas […]
MEMORIAS DUN NINGUÉN en Pontevedra

A presentación terá lugar hoxe xoves, ás 20.00 h, no Café Moderno (Fundación Caixa Galicia. Praza de San Xosé, 3) e contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e o autor, Carlos Mella. Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra, será o encargado de conducir o acto. O economista e ex-vicepresidente […]
Novidades para o Día das Letras Galegas

A voz do poeta volve resoar con forza coa publicación en Galaxia do poemario Do Courel a Compostela, un dos libros fundamentais de Uxío Novoneyra, no que se inclúen poemas que xa son símbolos da nosa cultura, entre eles "Letanía de Galicia" ou o "Vietnam canto". O libro, nunha coidada edición en tapa dura, inclúe […]