Cultura do viño en Galicia

O título A rosa do viño inspírase no procedemento popular empregado para apreciar a calidade do viño reparando na súa densidade, no corpo que posúe, nos trazos que o viño deixa nas paredes da cunca e que forman unha figura semellante aos pétalos dunha flor. O libro de Xavier Castro incorpora, dun xeito novidoso, a […]
POR QUE NON APRENDO?

A presentación tivo lugar na Casa do Libro de Vigo, e acompañando á autora estiveron Francisco Castro e Héitor Mera, ademais dun público numeroso de amigos e compañeiros da autora. Por que non aprendo? está escrito cun afán eminentemente práctico, nunha linguaxe accesible e destinado a todos aqueles (pais, nais, profesionais do ensino, orientadores…) que […]
Grande éxito na presentación de PRISCILIANO NA CULTURA GALEGA

A Biblioteca de Estudos Locais da Coruña acolleu este mércores a presentación deste ensaio sobre Prisciliano que é xa referencia obrigada nos estudos sobre esta figura histórica. Foi un éxito rotundo de asistencia, case cen persoas encheron a sala da biblioteca, destacando ademais que se trataba dun público plural, representativo de distintas xeracións e ideoloxías. […]
Galaxia pioneira

Só unha editorial galega, Galaxia, figura entre as 51 que no estado español participan no proxecto Enclave. Esta iniciativa, multiplicou por dous tanto o número de libros dixitalizados, con dereito de autor e opción de compra, como o número de participantes en apenas tres meses, segundo se fixo público onte dende a Federación de Gremios […]
Galaxia na Feira de Bolonia

Como cada ano, a cidade italiana de Bolonia acolle a Feira do Libro Infantil e Xuvenil máis importante, sen dúbida, do mundo, espazo de intercambio e de diálogo entre editoriais, autores, ilustradores. Editorial Galaxia estará presente nesta cita cun stand compartido con outras catro editoras galegas. Serán catro días plenos de actividade arredor dun sector […]
Alonso Montero, doutor honoris causa pola UNED

Recoñecido coma unha das personalidades sobranceiras da lingüística, a filoloxía e a crítica literaria, o profesor Xesús Alonso Montero recibiu en Madrid o nomeamento de doutor honoris causa pola Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), a institución con máis número de alumnos das universidades españolas. No mesmo acto foron tamén homenaxeados os profesores Antonio […]
Día Mundial da Poesía

Hoxe é o Día Mundial da Poesía. Hoxe vivimos coas palabras, dende as palabras, instalados na lingua nosa coa que dicirmos bolboreta, amor, resistencia e país. Hoxe comemos palabras porque sabemos que non podemos alimentarnos só de pan, e que precisamos, como Celso Emilio Ferreiro cantou, o compango da poesía, e botarlle azucre así á […]
UNHA NOVELA ESENCIAL

Dentro da Biblioteca de autor que Editorial Galaxia dedica a Camilo Gonsar, publícase unha nova edición, que o autor deixou preparada antes da súa morte en 2008, de Desfeita, novela que aborda o tema das consecuencias guerra civil e a ditadura franquista na sociedade galega. A obra do escritor de Sarria é unha das obras […]