Olga e o dinosauro

Breogán Riveiro é un dos grandes autores da literatura infantil e xuvenil dende a publicación do seu 'Tonecho de Rebordechao' que tantos miles de pequechos e pequechas galegos teñen lido dende que saíra hai xa uns cantos anos. As cinco edicións que levamos tirado do prelo desta obra así o demostran. Dende esta semana, podemos […]
Acusación

Unha das primeiras novidades do ano no que á poesía se refire é 'Acusación', novo poemario de Xiana Arias Rego, á que todos coñecemos ben polo seu magnífico labor como xornalista no Diario Cultural da Radio Galega, e, dende hai moito, como poeta. En 'Acusación', Xiana Arias Rego explora os camiños da poesía como acusación. […]
Os mellores de 2009

Esta semana a web 'Fervenzas Literarias', un dos lugares de referencia no que á literatura galega se refire, fixo públicos os resultados das votacións dos seus lectores e lectoras á pregunta de cales foran os mellores libros do ano pasado. A nosa editorial recibe galardóns en varias categorías, e tres primeiros premios. Por unha banda, […]
O país dos mil ríos

A colección Guías de Editorial Galaxia achégase á cultura fluvial en Galicia da man de Xosé Lois Ripalda, un dos escritores galegos que mellor coñecen a cultura popular de nós. O libro O país dos mil ríos fornece unha descrición xeográfica das principais cuncas fluviais galegas e é un compendio de todo o que os […]
O enigma está no espello

"Cada cadro ten o seu enigma. Detrás de cada obra de arte hai un misterio. O cadro de Jan van Eyck ofrécenos a oportunidade de dialogar coa cultura e a creación universal". Neira Cruz e David Soler presentaron na galería Sargadelos de Ferrol o libro Jan estivo alí, que inaugura a colección Árbore Arte. Elixiuse […]
Cultura do viño en Galicia

O título A rosa do viño inspírase no procedemento popular empregado para apreciar a calidade do viño reparando na súa densidade, no corpo que posúe, nos trazos que o viño deixa nas paredes da cunca e que forman unha figura semellante aos pétalos dunha flor. O libro de Xavier Castro incorpora, dun xeito novidoso, a […]
Produción editorial de Galaxia en 2009

A cociña de Larpeiros, de Benigno Campos, foi o libro de Editorial Galaxia máis vendido ao longo do ano 2009: arredor de 34.000 exemplares entre agosto e decembro dese ano, certamente un éxito sen precedentes. A continuación séguenlle as novelas de Domingo Villar, tanto A praia dos afogados, que saíu nese ano 2009, coma Ollos […]
Editorial Galaxia publicará antes de fin de ano unha edición restaurada de 'A Esmorga'

'A esmorga' está a ser publicada hoxe en día de forma incompleta, como consecuencia da prohibición que impuxo no seu momento a censura franquista", así o demostra Xosé Manuel Dasilva, da Universidade de Vigo, no seu estudo "As vicisitudes editoriais d’A esmorga", que acaba de ver a luz no último número de revista Grial, o […]