Escaparate literario de obras galegas en Italia

Damos comezo á nova tempada literaria facéndonos eco dunha boa nova que nos chega dende Italia e que supón un apoio importante para a visibilidade da nosa literatura. A través da web www.insulaeuropea.eu/ un grupo de estudosos de diversas literaturas europeas coordinado polo profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Perugia Carlo Pulsoni propoñen diferentes […]
Dous novos libros de Álvaro Cunqueiro

Na Biblioteca de Autor Álvaro Cunqueiro, e continuando coas celebracións do Cen Aniversario do nacemento do escritor, veñen de aparecer dúas novas entregas: o segundo volumen da súa poesía en lingua galega, que inclúe os poemas ou libros que Álvaro Cunqueiro escribe ou empeza a publicar a partir de 1933 ata o seu falecemento; e […]
Booktrailer de 'Vou ter un irmán'

Hai uns días informabamos da chegada ás librerías dun curioso álbum, escrito por María Solar e ilustrado por Xosé Tomás e que titulamos 'Vou ter un irmán!!!", un texto divertidísimo no que a autora nos conta a historia dunha cativa que vai ser sacudida por un acontecemento familiar inagardado como é a chegada dun irmán. […]
Éxito nas presentacións do Festigal

O 25 de xullo é xornada para a festa pero tamén para a reivindicación. Así, Compostela nutriuse onte de actos de toda clase e condición para salientar o feito de que somos galegos e galegas e que estamos orgullosos de selo. No eido cultural, pechouse a décima edición do Festigal, probablemente a máis nutrida de […]
Presentación en Allariz de O SOLDADIÑO DE CHUMBO

O Concello de Allariz, a librería Aira das Letras e Editorial Galaxia presentan o libro 'O soldadiño de chumbo'. Durante o acto proxectarase a película do mesmo título rodada no Museo do Xoguete e dirixida por Virgina Curiá e Tomás Conde. O acto desenvolverase no Museo do Xoguete porque foi o lugar onde está ambientada […]
Falar dende Xapón sobre Galicia

O profesor Takekazu Asaka, profesor de Filoloxía Románica da Universidade Tsudajuku, visitou onte Editorial Galaxia. Con este experto en Galicia e a literatura galega mantivemos unha breve conversa na que nos informou, entre outras cousas, da publicación de dous novos volumes, en xaponés, centrados na nosa cultura e da súa autoría. Por unha banda, 'Tatekazu […]
Galaxia suma seis candidaturas ao Frei Martín Sarmiento

O pasado venres déronse a coñecer as obras finalistas da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento, un dos máis interesantes galardóns do país, na medida en que a votación final dirímese coa participación de milleiros de escolares galegos. Editorial Galaxia suma seis candidaturas en distintas categorías. Así, no apartado de 5º e 6º de […]
Lecturas para un outono literario

Serán moitas as novidades que verán a luz neste último trimestre do ano deste outono que mañá comeza. Deste xeito, non haberá ninguén que non quede satisfeito por non atopar unha proposta de lectura á que lle apeteza meter o dente. Sen pararnos a detallar agora todas as propostas, que iremos explicando nos días vindeiros, […]