Un mural para Neira Vilas

Será mañá, na Biblioteca Anxel Casal e dentro dos actos de homenaxe ao autor, hai medio século xa, de 'Memorias dun neno labrego', Xosé Neira Vilas, cando se inaugure un mural dedicado a el e a súa obra e no que participaron nenos entre 4 e 11 anos e que acompañará á exposición titulada 'Querido […]

Premio García Barros 2011 para Antonio Piñeiro

O escritor e editor Antonio Piñeiro resultou gañador da XXIII Edición do Premio Manuel García Barros, coa novela "As fiandeiras" por decisión unánime do xurado, que estivo formado por Inmaculada Otero Varela, Armando Requeixo Cuba, Bieito Iglesias Araúxo, Carlos Lema, Valentín García Gómez que actúa como Secretario. En opinión do xurado, a novela gañadora é […]

Escaparate literario de obras galegas en Italia

Damos comezo á nova tempada literaria facéndonos eco dunha boa nova que nos chega dende Italia e que supón un apoio importante para a visibilidade da nosa literatura. A través da web www.insulaeuropea.eu/ un grupo de estudosos de diversas literaturas europeas coordinado polo profesor de Filoloxía Románica da Universidade de Perugia Carlo Pulsoni propoñen diferentes […]

Dous novos libros de Álvaro Cunqueiro

Na Biblioteca de Autor Álvaro Cunqueiro, e continuando coas celebracións do Cen Aniversario do nacemento do escritor, veñen de aparecer dúas novas entregas: o segundo volumen da súa poesía en lingua galega, que inclúe os poemas ou libros que Álvaro Cunqueiro escribe ou empeza a publicar a partir de 1933 ata o seu falecemento; e […]

Booktrailer de 'Vou ter un irmán'

Hai uns días informabamos da chegada ás librerías dun curioso álbum, escrito por María Solar e ilustrado por Xosé Tomás e que titulamos 'Vou ter un irmán!!!", un texto divertidísimo no que a autora nos conta a historia dunha cativa que vai ser sacudida por un acontecemento familiar inagardado como é a chegada dun irmán. […]

Éxito nas presentacións do Festigal

O 25 de xullo é xornada para a festa pero tamén para a reivindicación. Así, Compostela nutriuse onte de actos de toda clase e condición para salientar o feito de que somos galegos e galegas e que estamos orgullosos de selo. No eido cultural, pechouse a décima edición do Festigal, probablemente a máis nutrida de […]

Presentación en Allariz de O SOLDADIÑO DE CHUMBO

O Concello de Allariz, a librería Aira das Letras e Editorial Galaxia presentan o libro 'O soldadiño de chumbo'. Durante o acto proxectarase a película do mesmo título rodada no Museo do Xoguete e dirixida por Virgina Curiá e Tomás Conde. O acto desenvolverase no Museo do Xoguete porque foi o lugar onde está ambientada […]

Falar dende Xapón sobre Galicia

O profesor Takekazu Asaka, profesor de Filoloxía Románica da Universidade Tsudajuku, visitou onte Editorial Galaxia. Con este experto en Galicia e a literatura galega mantivemos unha breve conversa na que nos informou, entre outras cousas, da publicación de dous novos volumes, en xaponés, centrados na nosa cultura e da súa autoría. Por unha banda, 'Tatekazu […]