Éxito nas presentacións do Festigal

Categoría: Nova

O 25 de xullo é xornada para a festa pero tamén para a reivindicación. Así, Compostela nutriuse onte de actos de toda clase e condición para salientar o feito de que somos galegos e galegas e que estamos orgullosos de selo.
No eido cultural, pechouse a décima edición do Festigal, probablemente a máis nutrida de público de todas as convocatorias e no que Editorial Galaxia tivo un importante protagonismo.
No noso blog deixámosvos unha fotogalería das presentacións dos novos libros de Xavier Queipo (Ártico 2.0), Yolanda Castaño e Andrea Costas (Cociñando ao pé da letra) e de Francisco Castro (In vino veritas).

Compartir na redes sociais: