Neira Vilas presenta en Vigo ESPERANDO O LEITEIRO

A Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas (Avda. Martínez Garrido, 21) acolle mañá mércores, ás 20:00 h, a presentación deste novo título na longa traxectoria dun dos mestres da narrativa galega contemporánea. O acto contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Isaura Abelairas, concelleira de cultura do Concello de Vigo, e o […]
Actos arredor de García Barros

Este sábado desenvolveranse na Estrada, vila de Ken Keirades, ou sexa, de Manuel García Barros, unha serie de actos na súa lembranza agora que se cumpren catro décadas do seu pasamento. Os actos darán comezo ás 12:00 h, na casa natal de Berres, seguirán ás 13:00 h, no cemiterio de Callobre, para rematar ás 20:00 […]
50 anos da primeira representación en Galicia de 'Os vellos non deben de namorarse'

A Biblioteca Nodal 'Ánxel Casal' de Santiago de Compostela inaugura hoxe a exposición "Os vellos non deben de namorarse, 1961-2011. Cincuenta anos na memoria", unha mostra que conmemora o 50 aniversario da primeira representación en Galicia da obra "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao, o 25 de xullo de 1961 na compostelá Praza […]
Presentación UN POZO MOI FONDO na Casa do Libro de Vigo

Este martes, ás 20 h, terá lugar esta presentación que vai contar co editor, Francisco Castro, e o autor, o doutor José Luis Iglesias Diz. Pretende ser unha guía útil para as familias, os docentes, e os propios doentes, para saber como enfrontarse aos trastornos da conduta alimentaria. Nunha linguaxe clara e accesible a todo […]
ESPERANDO O LEITEIRO

Un dos mestres da narrativa galega contemporánea, o escritor Xosé Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, publica a súa nova novela, Esperando o leiteiro. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa […]
Publicamos un libro con Pictogramas
O 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Segundo estudos epidemiolóxicos da Organización Mundial do Autismo, 1 de cada 150 nenas e nenos en idade escolar poderían presentar un Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), polo que a detección temperá debe ser unha prioridade na intervención e orientación dos TEA, […]
ON A BENDER

Hoxe, a editorial Planet presenta en Cardiff (Gales) a tradución ao inglés, da man de Craig Patterson, bo coñecedor da nosa literatura, de A Esmorga, a novela de Eduardo Blanco Amor e baixo do título de ON A BENDER. O libro, sen dúbida un dos máis complexos de traducir de todo o canon galego, ve […]
Homenaxe a Paco Martín

Este sábado, ás 13 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, o escritor Paco Martín recibirá a homenaxe do Salón do Libro. Sen dúbida, unha homenaxe máis que merecida ao autor de 'Das cousas de Ramón Lamote', libro polo que recibiría o Premio Nacional de Literatura do Ministerio de Cultura, sendo o primeiro dos nosos […]