Morgana en Esmelle

Despois do suceso que supuxo a publicación de Circe ou o pracer do azul, volve a escritora Begoña Caamaño cunha nova novela, desta volta titulada Morgana en Esmelle. Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea e na que a ficción narrativa serve de vehículo a unha reflexión sobre a necesidade de adoptar compromisos […]
María Teresa Andruetto, Premio Andersen 2012

Estes días nos que a editorial Galaxia estivo a participar na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, deuse a coñecer o fallo do Premio Andersen, considerado unanimemente como o Premio Nobel para ese chanzo de idade. María Teresa Andruetto, a escritora arxentina da que no noso catálogo temos a súa novela, publicada en […]
Presentación de 2044 no Salón do Libro de Pontevedra

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebra no Pazo da Cultura ata o vindeiro 31 de marzo, acolle hoxe ás 19:00 horas a presentación da primeira novela de Eduardo Santiago, 2044. Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os amigos e as amigas polo […]
Presentación en Ourense de LAURA NO DESERTO

O escritor Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela, Laura no deserto. Estará acompañado por Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Serafín Alonso Pintos, profesor de Lingua Galega e Literatura. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa […]
Finou Antonio Tabucchi

Onte soubemos do pasamento do escritor Antonio Tabucchi, quen coñecera o recoñecemento mundial grazas ao éxito do seu 'Afirma Pereira' que na nosa editorial publicamos no ano 1999. Despois, tiramos do prelo outra das súas obras, 'Tristano morre', a súa consagración internacional definitiva. 'Afirma Pereira', ademais de permitirnos descobrir a un narrador de grandes alturas, […]
JEAN-PHILIPPE TOUSSAINT NO LOUVRE

Con motivo dun ciclo consagrado polo museo parisiense ás artes do libro, Toussaint monta unha mostra na que a fotografía se asocia ao vídeo, ás instalacións e ás intervencións do escritor e director de cinema coa finalidade de "evocar o libro sen pasar polo escrito". Na exposición, o autor de Fuxir, novela de Toussaint publicada […]
Presentación de LAURA NO DESERTO en Vigo

O escritor Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela, Laura no deserto. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, e Ana Gago González, profesora de Lingua Galega e Literatura. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama […]
ESPERANDO O LEITEIRO

Un dos mestres da narrativa galega contemporánea, o escritor Xosé Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, publica a súa nova novela, Esperando o leiteiro. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o ha levar da súa […]