María Teresa Andruetto, Premio Andersen 2012

Categoría: Nova

Estes días nos que a editorial Galaxia estivo a participar na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, deuse a coñecer o fallo do Premio Andersen, considerado unanimemente como o Premio Nobel para ese chanzo de idade. María Teresa Andruetto, a escritora arxentina da que no noso catálogo temos a súa novela, publicada en Costa Oeste, Stefano, foi distinguida con tan importante galardón.
O Premio Andersen gaba a traxectoria dunha autora ou autor co recoñecemento máis importante de todos cantos se entregan a nivel internacional.
Hai anos incluimos no noso catálogo a súa novela 'Stefano', unha historia que decidimos traer ao galego porque no fondo é unha historia moi achegada a nós, pois trata da emigración e da epopea que, na novela, os italianos tiveron que vivir para gañar o pan noutros mundos. Os galegos sabemos moito diso, e por iso esta novela de María Teresa Andruetto é referente nas escolas e institutos de Galicia.

Compartir na redes sociais: