Finou Antonio Tabucchi

Categoría: Nova

Onte soubemos do pasamento do escritor Antonio Tabucchi, quen coñecera o recoñecemento mundial grazas ao éxito do seu 'Afirma Pereira' que na nosa editorial publicamos no ano 1999. Despois, tiramos do prelo outra das súas obras, 'Tristano morre', a súa consagración internacional definitiva.
'Afirma Pereira', ademais de permitirnos descobrir a un narrador de grandes alturas, e unha historia tenra e crítica, plena de personaxes inesquecibles e dominada por un estilo cativador, permitiunos coñecer, tamén, un italiano namorado de Portugal e, por extensión, do universo lusófono. Por iso, que o editásemos na nosa lingua era unha obriga que asumimos felices.
Hoxe, a literatura mundial fica orfa tras desta perda irreparable.
Foise unha voz crítica e lúcida. Marchou un mestre da palabra.

Compartir na redes sociais: