Premio Trasalba 2012

A pedagoga Antía Cal é a galardoada co Premio Trasalba 2012, que concede anualmente a Fundación Otero Pedrayo como recoñecemento á aportación de distintas figuras á cultura galega. O premio, que ten carácter honorífico, entregarase na festa literaria que se celebra o domingo 24 de xuño, día de San Xoán, na casa grande de Cimadevila, […]
Antonio Piñeiro asina AS FIANDEIRAS

Este venres 15 de xuño, a partir das 18:30 h, Antonio Piñeiro estará na librería Librouro de Vigo, asinando exemplares da súa obra As fiandeiras, Premio de Novela García Barros 2011. Ao longo de toda a tarde o autor departirá cos seus lectores, que ademáis terán nesta ocasión, e por xentileza de Librouro, a oportunidade […]
Cine, concerto de rap, coloquios, presentacións…

O vindeiro 29 de xuño dará comezo a Feira do Libro de Vigo. Como cada ano, Galaxia ten previsto un variado programa de actos para que toda clase de públicos atopen un motivo para achegarse á alameda viguesa e participar dunha das citas culturais máis importantes do ano na cidade olívica. Así, o venres 29 […]
Presentación de QUEER-EMOS UN MUNDO NOVO

A escritora Teresa Moure presenta este ensaio que obtivo o Premio Ramón Piñeiro 2011. Estará acompañada por Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Amalia Baltar, de Gas Natural Fenosa, e Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Este ensaio pretende recoller a potencia subversiva da teoría […]
Neira Vilas e Antía Cal na Feira do Libro de Vigo

A súa última novela, "Esperando ao leiteiro" está a ser un dos libros máis solicitados, auténtico acontecemento das nosas letras, na liña xa coñecida dun dos nosos autores máis celebrados. Un monólogo sen pausas no que narra a vida dun mozo campesiño mentres agarda para iniciar a viaxe que, a mediados do século XX, o […]
Carlos G. Reigosa, premio Fernández del Riego de xornalismo

José Manuel Otero Lastres foi galardoado co Premio Julio Camba de Xornalismo na súa trixésima terceira edición polo seu artigo "A sensación de ser como os demais", publicado o 27 de marzo do pasado ano en La Voz de Galicia. Pola súa banda, Carlos G. Reigosa obtivo o premio Fernández del Riego na súa novena […]
Inma López Silva presenta TINTA en Vigo

A escritora Inma López Silva presenta o seu novo libro de relatos, 'Tinta'. Estará acompañada polo director literario de Galaxia, Carlos Lema e o profesor Xesús Alonso Montero. Estamos diante dun libro de relatos nos que agroma a semente dalgunha novela xa publicada a carón do paseo, páxina a páxina, de criminais encantadores, soñadoras de […]
Carta a Antón Beiras

A profesora Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923), a quen a Fundación Otero Pedrayo outorgou este ano o Premio Trasalba, fixo unha vibrante intervención na casa grande de Cimadevila, diante de case cincocentas persoas, arredor da memoria do seu home, o médico galeguista Antón Beiras García (1916-1968), e do compromiso (hoxe máis necesario ca nunca) […]