Homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz

A plataforma cidadá ProLingua organiza este sábado a Homenaxe Nacional que se lle renderá ao escritor Agustín Fernández Paz en Vigo. O acto, que será conducido por Rosa Aneiros, terá lugar ás 12:30 horas na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 26). A seguir haberá un xantar programado para as 15:00 no […]

Galletas e libros na Feira de Vigo

Para todas aquelas amigas e amigos que estes días da Feira do Libro de Vigo pasedes polo noso stand, temos preparadas galletas caseiras, decoradas dun xeito moi literario, que vos serán agasalladas coas vosas compras. Empezaremos a dalas o sábado á mañá!!! Nunca a lectura foi máis dóce!!!

'Morgana en Esmelle' e 'Rapoemas' na Feira do libro de Vigo

Este martes vai vir cheo de música e literatura na Feira do Libro de Vigo. Por unha banda, ás 20 horas, a escritora Begoña Caamaño presentará o seu 'Morgana en Esmelle' acompañda do escritor Manuel Forcadela e o director literario de Galaxia, Carlos Lema. E haberá música, a cargo de Uxía Senlle e Sergio Tannus. […]

Edgar Allan Poe, no cine

Estes días os cinemas de todo o país estrean a fita, 'O enigma do corvo', interesante thriller centrado dalgunha maneira na figura de Edgar Allan Poe. A trama céntrase na investigación policial para atrapar a un enigmático asasino que vai comentendo os seus crimes xusto tal e como os describe Edgar Allan Poe nos seus […]

Faleceu en Vigo a escritora Kristina Berg

Kristina Berg naceu en Halmstad (Suecia) en 1948 e morreu hoxe en Vigo, vítima dun derrame cerebral. En 1972 casou con Carlos Casares, co que tivo dous fillos: Hakan e Christian. Durante un tempo foi tamén traballadora da Editorial Galaxia. Actualmente era presidenta da Fundación Carlos Casares. En 1979 publicou "Dona Galicia", un relato dirixido […]

Mamá Cabra ultima o seu novo traballo

O exitoso grupo de música infantil Mamá Cabra, que xa publicou na nosa editorial dous libro-discos titulados Ola, ola, la! e Xa me tardan estes Magos (Premio ao Mellor Libro Infantil da Asociación Galega de Editores o ano pasado), ultiman estes días o que será o seu novo traballo, 'Bicos de música' (con CD e […]

Homenaxe institucional a Xaime Isla Couto

A Xunta de Galicia organiza o xoves, día 5 de xullo, ás 18:30 horas, unha homenaxe institucional a quen foi cofundador da Editorial Galaxia en 1950, o ilustre galeguista Xaime Isla Couto, falecido en Vigo o pasado 25 de abril. O acto celebrarase na biblioteca da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) e nel intervirán, […]

Presentación de O NENO CAN en Vigo

Este venres, dentro dos actos programados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, os escritores Fina Casalderrey e Francisco Castro presentarán O NENO CAN, libro publicado en beneficio de UNICEF. Os autores estarán acompañados polo director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes e Gloria del Río, presidenta de UNICEF Galicia. En […]