Cine, concerto de rap, coloquios, presentacións…

Categoría: Nova

O vindeiro 29 de xuño dará comezo a Feira do Libro de Vigo. Como cada ano, Galaxia ten previsto un variado programa de actos para que toda clase de públicos atopen un motivo para achegarse á alameda viguesa e participar dunha das citas culturais máis importantes do ano na cidade olívica.
Así, o venres 29 de xuño, ás 20:30 h, celebraremos unha conversa con Mª do Carme Kruckenberg, na que participarán Mercedes Queixas Zas, autora da súa biografía (VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETÍBEL) e o editor e escritor Francisco Castro.
Logo, o martes 3 de xullo, ás 20 h, presentaremos o novela MORGANA EN ESMELLE, de Begoña Caamaño, coa participación do editor Carlos Lema, Manuel Forcadela e a autora.
E esa mesma tarde, pero ás 21 h, celebraremos un concerto que servirá de presentación do libro-disco RAPOEMAS, de Aid, no que a rapeira canta, a ritmo de hip hop, a Rosalía de Castro, Curros, Cunqueiro… Será presentado polo editor Francisco Castro.
E finalmente, o venres ás 20 h, chegará a presentación de O NENO CAN, de Fina Casalderrey e Francisco Castro. Será presentado polo director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.

Compartir na redes sociais: