Chegan os BICOS DE MÚSICA

Esta semana comezarán a chegar ás librerías de toda Galicia o novo traballo do grupo de música Mamá Cabra e que leva por título 'Bicos de música'. Como xa fixeran con 'Ola, ola, la!' o seu primeiro traballo en Galaxia (ao que seguiu 'Xa me tardan estes Magos', premio da Asociación de Editores ao Mellor […]
Neira Vilas recolleu o premio Pedra do Destino

O pasado sábado representantes da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, que preside o historiador Felipe Senén López Gómez, desprazáronse ata Gres para facer entrega do premio a Xosé Neira Vilas. Cada ano, o 18 de maio, o día despois das Letras Galegas e o día dos Museos outorgan un premio de 3.000 euros […]
Presentouse o CULTURGAL 2012

Nos vindeiros días iremos comentando a ampla oferta de actos de toda clase (presentacións, coloquios, concertos) que a Editorial Galaxia desenvolverá durante a celebración do xa tradicional Culturgal, que onte se presentou en Pontevedra polo conselleiro de Cultura en funcións, Xesús Vázquez Abad, a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, o presidente da Asociación […]
Jordi Sierra i Fabra recibe o premio "Cervantes Chico"

Jordi Sierra i Fabra, de quen Galaxia ofrece un mollo de obras no seu Catálogo, é un dos autores máis lidos nos nosos colexios e institutos. Mais non só en Galicia, senón que os seus libros gozan de recoñecemento en todo o mundo. Onte recibiu o coñecido como 'Cervantes chico', ou 'Pequeno Cervantes', un galardón […]
Presentación de TINTA en Santiago

Este mércores, a escritora Inma López Silva presenta o seu novo libro, Tinta. Estará acompañada polo escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o actor Cándido Pazó. Este libro reúne algúns dos relatos da autora que, como ela mesmo ten declarado, en moitos casos foron cernes de posteriores novelas súas. Ao tempo, […]
Benigno Campos en Ferrol e A Coruña

O cociñeiro Benigno Campos estará hoxe a partir das 18:30 h na Central Librera de Ferrol para asinar exemplares do seu novo libro de receitas, que está a ser o grande éxito editorial do momento. Mañá visitará a librería Nos da Coruña, ás 19:30 h, para manter cos seus lectores unha 'Charla entre Larpeiros'. Todos […]
Día da Biblioteca

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día da Biblioteca. Haberá moreas de actos en todas partes, dende as grandes bibliotecas das grandes cidades ás pequerrechiñas no interior das vilas menos atendidas. En calquera caso, hoxe é o día para lembrarnos delas, de que están aí e que, dentro delas, viven os libros, as historias, […]
Habitar entre cidades

As cidades son os grandes centros históricos do desenvolvemento, a creación e o crecemento. Os antigos bolseiros da Fundación Barrié de la Maza volveron reunirse para falar da ordenación do territorio na Galicia actual (Diálogos O2). Xa no 2011, a asociación organizara un interesantísimo foro de debate arredor da investigación, as políticas de I+D+i, etc., […]