A memoria dos avós

Os alumnos e alumnas do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires, o centro docente da Fundación Galicia-América, visitaron a Editorial Galaxia e a Fundación Penzol. Trátase da promoción que este ano conclúe os seus estudos antes de ingresar na universidade, rapaces e rapazas de 18, fillos e netos de galegos, que na Arxentina estudan o […]
María Fumaça e Mamá Cabra, de xira por Galicia
Os libro-discos-dvd 'Bicos de Música' de Mamá Cabra e o proxecto María Fumaça están arrasando polo país enteiro e converténdose nun dos agasallos predilectos para estes días nos que os libros non deben faltar debaixo da árbore. E para este tempo de vacacións de Nadal, dende a Editorial Galaxia argallamos unha xira de concertos que […]
Conversa con Berrogüetto

Un dos libros recentes que máis teñen chamado a atención, en especial dos amantes da música, é a biografía, despois dunha longa traxectoria chea de éxitos, cambios de formación e, sobre todo, de aposta pola calidade, do grupo Berrogüetto. O xornalista musical Fernando Neira asumiu ese traballo que deu como resultado o libro 'Berrogüetto. O […]
O libro do mes

Dende hoxe, a web de Editorial Galaxia ofrece unha nova sección na súa web, titulada O LIBRO DO MES. Premendo nela, os e as internautas poderán descargar de balde algunhas páxinas das novidades que a nosa editorial irá publicando. Comeza esta sección co primeiro capítulo da novela de Xavier Alcalá, 'Verde oliva'. Dende a sección […]
DÚAS LETRAS en Cotobade

O Igrexario de Loureiro é un dos lugares fundamentais presentes en Dúas Letras, micromundo onde se esperan cartas que non dan chegado como se espera polo osíxeno para respirar. Mañá, e precisamente nesa localidade, proxectarase Dúas Letras, ao tempo que se presenta o libro escrito por Fina Casalderrey sobre o guión que serviu para facer […]
Presentación de O PEIZOQUE ROQUE

Este mércores, coa participación da autora, Dores Tembrás, e o ilustrador, Xosé Tomás, acompañados polo editor e escritor Francisco Castro, presentaremos, dentro do marco da Feira do Libro da Coruña, o libro 'O peizoque Roque', un fermoso álbum que vimos de publicar na nosa colección Os Duros. Segundo promete a autora no seu blogue, vai […]
Presentación de CASTELAO NA LUZ E NA SOMBRA en Vigo

Aínda que o Día das Letras xa quedou atrás, este segue a ser o Ano Valentín Paz-Andrade. E así o comprobaremos, máis unha vez, mañá no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, no acto de presentación da que é a súa obra máis importante, 'Castelao na luz e na sombra'. No acto participarán Víctor […]
Presentouse O PEIZOQUE ROQUE na Coruña

A carpa que acolle as presentacións de libros na Feira da Coruña quedou pequena para acoller o público que se achegou a acompañar a Dores Tembrás e Xosé Tomás na presentación, canda o escritor e editor Francisco Castro, do libro 'O peizoque Roque'. A expectación foi tanta que, rematado o acto, autora e ilustrador tiveron […]