Cociña en directo de Benigno Campos na Coruña

O cociñeiro Benigno Campos, presentador do popular "Larpeiros" da Televisión de Galicia ofrecerá unha sesión de Cociña en directo este xoves ás 19 horas na Cociña de El Corte Inglés da Coruña. O cociñeiro anda estes días promocionando o seu novo receitario, "Volve a cociña de Larpeiros", publicado como os anteriores libros por Galaxia, e […]

Editorial Galaxia participa na segunda edición de INSPIRACIENCIA

Por segundo ano consecutivo, Editorial Galaxia participa na organización e desenvolvemento de INSPIRACIENCIA, un concurso de relatos de inspiración científica que é, ao tempo, unha invitación a todos a pensar e imaxinar a ciencia, a través da escritura. Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal que estea inspirado nunha temática científica, sexa cal […]

Publicamos o segundo tomo da Antoloxía da Literatura Galega

Jonathan Dunne é o responsable deste segundo tomo que, baixo do selo conxunto de Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, e a Xunta de Galicia se centra nos anos que van de 1981 ao pasado 2011. Na maior parte dos casos os autores recollidos seleccionaron eles mesmos os seus textos. O volume, de 400 […]

O novo libro de Benigno Campos chega aos 10.000 exemplares

O éxito do terceiro libro de receitas de Benigno Campos semella non ter freo, de feito, contabilizamos xa 10.000 exemplares deste o seu novo e terceiro recetario. Mañá mércores estará, a partir das 19.30 h, conversando con quen queira achegarse ata a librería Cronopios de Pontevedra, nunha parola que será, e nunca mellor dito, saborosa […]

Cociña en directo con Benigno Campos en Santiago

O cociñeiro Benigno Campos, presentador do popular "Larpeiros" da Televisión de Galicia ofrecerá unha sesión de Cociña en directo este xoves ás 19 horas na Cociña de El Corte Inglés de Santiago. O cociñeiro anda estes días promocionando o seu novo receitario, "Volve a cociña de larpeiros", publicado como os anteriores libros por Galaxia, e […]

Entrega do Premio García Barros 2012

A Estrada convertirase este vindeiro venres no centro de atención do mundo literario galego coa entrega do XXIV Premio de Novela Manuel García Barros que publica a nosa editorial. Persoeiros procedentes do mundo da cultura, e de distintos ámbitos sociais reuniranse no Teatro Principal para facerlle entrega ao escritor Santiago Lopo do Premio desta edición, […]

O FUTURO É POSIBLE en Pontevedra

Mañá martes, ás 20:00 h, terá lugar na Casa das Campás a presentación do libro que recolle as memorias políticas de Emilio Pérez Touriño, O FUTURO É POSIBLE. O acto, organizado por Galaxia e o Ateneo de Pontevedra, contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, Damián Villalaín e Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de […]

O PEIZOQUE ROQUE na Coruña

Este venres, na Biblioteca Infantil e Xuvenil da rúa Durán Loriga da Coruña, presentaremos o libro de Dores Tembrás, 'O peizoque Roque', ilustrada por Xosé Tomás. Autora e ilustrador participarán nun acto no que o fermoso paxariño cobrará, de novo, vida, entre as poéticas liñas dunha historia de amor ás palabras e de agarimo pola […]