Mañá martes, ás 20:00 h, terá lugar na Casa das Campás a presentación do libro que recolle as memorias políticas de Emilio Pérez Touriño, O FUTURO É POSIBLE. O acto, organizado por Galaxia e o Ateneo de Pontevedra, contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, Damián Villalaín e Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de Galicia.
No libro, o expresidente aborda unha chea de cuestións fundamentais para entender o noso presente, despois dun tempos de silenzo "autoimposto" e que agora, con este libro, por fin remata.