Jonathan Dunne é o responsable deste segundo tomo que, baixo do selo conxunto de Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, e a Xunta de Galicia se centra nos anos que van de 1981 ao pasado 2011.
Na maior parte dos casos os autores recollidos seleccionaron eles mesmos os seus textos.
O volume, de 400 páxinas, sae á venda a un prezo de 30 euros e servirá para facernos unha máis que completa idea da alta calidade da nosa literatura neste período antologado. Ao tempo, a tradución dos textos ao inglés contribuirá, sen dúbida, a espallar unha produción literaria que nada ten que lle envexar a outros sistemas literarios do mundo.