O FUTURO É POSIBLE en Pontevedra

Mañá martes, ás 20:00 h, terá lugar na Casa das Campás a presentación do libro que recolle as memorias políticas de Emilio Pérez Touriño, O FUTURO É POSIBLE. O acto, organizado por Galaxia e o Ateneo de Pontevedra, contará coas intervencións de Víctor F. Freixanes, Damián Villalaín e Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de […]

O PEIZOQUE ROQUE na Coruña

Este venres, na Biblioteca Infantil e Xuvenil da rúa Durán Loriga da Coruña, presentaremos o libro de Dores Tembrás, 'O peizoque Roque', ilustrada por Xosé Tomás. Autora e ilustrador participarán nun acto no que o fermoso paxariño cobrará, de novo, vida, entre as poéticas liñas dunha historia de amor ás palabras e de agarimo pola […]

Hoxe comeza o Congreso Valentín Paz-Andrade

O Congreso Valentín Paz-Andrade, organizado pola Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Concello de Pontevedra, analiza desde hoxe e ata o sábado 15 a vida e a obra do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012. Intervirán biógrafos do homenaxeado, como Charo Portela, Tucho […]

Emilio Pérez Touriño presentou o seu libro en Ourense

Onte foi en Ourense onde o expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, acompañado do profesor Xosé Ramón Quintana Garrido e do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, presentou as súas memorias políticas tituladas "O futuro é posible". Como xa aconteceu nas outras presentacións celebradas, o público non quixo perder a visión, privilexiada, […]

María Fumaça e Mamá Cabra, de xira por Galicia

Os libro-discos-dvd 'Bicos de Música' de Mamá Cabra e o proxecto María Fumaça están arrasando polo país enteiro e converténdose nun dos agasallos predilectos para estes días nos que os libros non deben faltar debaixo da árbore. E para este tempo de vacacións de Nadal, dende a Editorial Galaxia argallamos unha xira de concertos que […]

CANDO ARTUR NON ERA REI en Betanzos

Este venres, ás 20.30 h, na Sala Azul do Edificio Liceo, en Betanzos, o escritor Xabier López López presenta a súa nova novela, 'Cando Artur non era rei', que a Editorial Galaxia publica na súa colección Costa Oeste. Nesta nova incursión na narrativa xuvenil, o autor de Betanzos achégase a un asunto ben tratado na […]

Entrega do Premio García Barros

O Teatro Principal da Estrada acolleu a entrega do XXIV Premio de Novela Manuel García Barros, que nesta ocasión recaeu no escritor vigués Santiago Lopo pola súa obra titulada Hora zulú. O acto estivo presidido polo alcalde estradense, José López Campos; o delegado territorial da Consellería de Educación e Cultura na provincia de Pontevedra, César […]

A música infantil arrasou no Culturgal

Foron centos os nenos e nenas que se achegaron esta fin de semana ata o Cuarto dos Nen@s do Culturgal para asistir aos concertos de presentación de 'Bicos de música', de Mamá Cabra, e de 'María Fumaça' (quen logo, á tarde, encheu absolutamente o Auditorio das Pozas en Petelos-Mos). No noso blogue deixamos unha montaxe […]