‘Morgana en Esmelle’, premio da AELG

Categoría: Nova

O pasado sábado á noite celebrouse a Gala dos Premios da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. A novela de Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle, recibiu o premio como Mellor Obra de Narrativa do ano 2012 en votación dos propios autores e autoras.

Deste xeito, a novela de Caamaño recibe o seu cuarto premio en pouco máis dun mes. Anteriormente recibiu o da Edición, o da Crítica, o Losada Diéguez a pasada fin de semana, e, este sábado, o recoñecemento dos escritores e escritoras de Galicia.

Compartir na redes sociais: