María Fumaça, finalista dos Premios da Música Independente

Categoría: Nova

Este martes tivo lugar no Café Berlín de Madrid unha rolda de prensa para desvelar os finalistas da 5ª edición dos Premios da Música Independente.
Na categoría de Mellor Álbum en Lingua Galega, resultou finalisa o traballo María Fumaça editado por Galaxia o ano pasado e comandado por Uxía, quen estes días presenta o libro-CD 'Rosalía Pequeniña'
Gerardo Cartón, vicepresidente de UFI anunciou aos nomeados da actual edición, que este ano contan con tres novas categorías a de mellor produción en eúscaro, mellor álbum en lingua galega e mellor álbum cantado en catalán.
Os 133 finalistas de 23 categorías pasarán a votación popular a partir do 23 de maio, mentres que os gañadores coñeceranse na cerimonia de entrega o próximo 17 de xuño.
Unha grandísima nova que nos fai berrar, máis unha vez: ALEGRÍA!!!

Compartir na redes sociais: