Inaguración da exposición UNHA OBRA PARA UN PAÍS FERMÍN PENZOL (1901-1981) / FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO (1913-2010) en Santiago de Compostela

A exposición "Unha obra para un país. Fermín Penzol (1901-1981) / Francisco Fernández del Riego (1913-2010)" pretende conmemorar dúas importantes efemérides que se celebran neste ano 2013: O Cincuentenario do nacemento da Fundación Penzol e mais o Centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. A Fundación Penzol constitúese en Vigo en abril de 1963 […]
Sete títulos de Galaxia entre os dez máis vendidos na Feira do Libro de Vigo

Xurxo Patiño, coordinador da Feira do Libro de Vigo que onte pechou as súas portas, comenta hoxe nas páxinas de 'La Voz de Galicia' os resultados referidos ás vendas e aos títulos máis solicitados. Entre os máis vendidos destaca, entre os dirixidos ao público adulto, 'Bícame, Frank' de Miguel Anxo Fernández. No chanzo referido aos […]
Xa está activa a web de AS CRÓNICAS DE LANDEREINA

Os seguidores da triloxía fantástica creada por Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA teñen, dende hoxe martes, dispoñible na rede unha web dedicada aos tres libros. Hai unhas semanas saiu do prelo, e xa está a ser un importante fenómeno de vendas, 'Bágoa de lúa', o primeiro dos tres desta historia protagonizada pola amazona Berenguela. […]
"Unha obra para un país" en Santiago de Compostela

Este luns tivo lugar no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela a inauguración da mostra "Unha obra para un país. Fermín Penzol (1901-1981) – Francisco Fernández del Riego (1913-2010)" na que interviron Xesús Vázquez, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais Francisco Durán, vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, en representación […]
Todo listo para a gran festa de Trasalba dedicada a Cristina Pato

Dende a ligazón á dereita destas liñas podes descargar o programa completo dos actos de entrega do Premio Trasalba á música Cristina Pato o vindeiro domingo 30 de Xuño na Casa Grande de Cimadevila. E tamén, no noso blogue, deixamos para que poidas escoitar, o tema que Cristina Pato compuxo en homenaxe a Trasalba. Unha […]
Galaxia na Feira do Libro de Vigo

Este venres dá comezo en Vigo a Feira do Libro. E como todos os anos, a nosa editorial vai ter un protagonismo moi importante, destacando moi en especial a Semana da Música Infantil na Feira do Libro baixo do título xenérico de 'Lemos, cantamos, gozamos'. E así, dende o día 1 e ata o 5, […]
Cociña e música infantil na Feira do Libro de Vigo

A feira do libro de Vigo comeza na Alameda este venres. A nosa editorial vai ter unha presenza moi importante, sobre todo porque dende o luns ao venres vai desenvolverse a Semana da Música Infantil que todos os días da semana que ven, dende as 20 horas, no formato de pequenos concertos en acústico, vai […]
Cita en Trasalba con Cristina Pato

Este domingo, a Casa Grande de Cimadevila (Amoeiro, Ourense) anegarase dos acordes solemnes, mais tamén festivos, do tema que Cristina Pato preparou especialmente con motivo do acto no que a Fundación Otero Pedrayo lle entregará o Premio Trasalba 2013. Hai anos, no 2006, fora Milladoiro quen correspondera ao premio cunha composición orixinal. Desta volta, é […]