Este venres dá comezo en Vigo a Feira do Libro. E como todos os anos, a nosa editorial vai ter un protagonismo moi importante, destacando moi en especial a Semana da Música Infantil na Feira do Libro baixo do título xenérico de 'Lemos, cantamos, gozamos'.
E así, dende o día 1 e ata o 5, artistas como Mamá Cabra, Uxía, Magín Blanco ou Susa Herrera, pasarán pola feira, todos os días a partir das 20 horas, para gozo de pequenos e grandes.
No apartado meramente literario, velaquí o programa da Editorial Galaxia para os días da Feira:
Sábado 29 de xuño ás 20,00 horas: Presentación do libro de receitas A COCIÑA DOS CUNQUEIRO. Participan: Carmen Freire, Miguel Vila, César Cunqueiro e Victor F. Freixanes.
Xoves 4 de xullo ás 20,00 horas: Presentación do libro BÍCAME, FRANK de Miguel Anxo Fernández, coa participación de Carlos Lema e Gustavo Garrido.
Venres 5 de xullo ás 20,00 horas: Francisco Fernández Naval e Antón Riveiro Coello debatirán arredor do tema ‘A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a construción da memoria’, moderados por Ramón Nicolás.
Venres 5 de xullo ás 21,00 horas: Convite a bailar: PARA QUE NINGUÉN QUEDE SEN BAILAR! OBRADOIRO DE DANZAS TRADICIONAIS. Algunhas das danzas forman parte do libro 'De roda en roda. Músicas e danzas do mundo'.
Sábado 6 de xullo ás 20,00 horas: Presentación do libro BAGOA DE LÚA (primeiro tomo da triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA). Intervirán a autora, Sabela González, Ledicia Costas e Francisco Castro.