Homenaxe a Neira Vilas na Forxa Literaria

A úndécima edición da Forxa Literaria-Encontros Culturais no Rural celebrarase esta fin de semán. Unha forxa na que se tributará homenaxe ao escritor cruceño Xosé Neira Vilas. Na xornada haberá unha mesa redonda na que intervirán o propio Neira Vilas xunto a Alonso Montero, Valentín García, Cándido Pazó, Xosé Luna, Rosario Golmar e Xosé Luis […]

Descarga de balde un capítulo de "Bícame, Frank"

Como todos os meses, dende a web da Editorial Galaxia activamos o Libro do Mes, unha iniciativa que permite a descarga de balde de partes dunha obra que veña de sair do prelo. Desta volta, o libro escollido é 'Bícame, Frank', a nova novela do escritor Miguel Anxo Fernández e que volve estar protagonizada polo […]

Cristina Pato recibiu o Premio Trasalba

Cristina Pato recibiu onte o 31.º Premio Trasalba nun acto literario celebrado na sede da Fundación Otero Pedrayo. A gaiteira definiuse como 'emigrante pero cos pés sempre chantados en Galicia' e explicou, nun emocionado discurso no que repasou a súa traxectoria musical, que Galicia está en todo o que fai, estea na terra ou onde […]

Éxito de Mamá Cabra en Vigo

Na Carpa dos Nen@s acóllense os concertos da Semana da Música Infantil. Onte, quedou máis que pequena onte para acomodar á moitísima xente que se achegou ata alí para escoitar ás Mamá Cabra no seu concerto 'Ola,ola,la!'. Case que unha hora na que ninguén quedou sen cantar, sen rir, sen danzar e na que a […]

Novela negra e música infantil protagonizarán o xoves na Feira do Libro de Vigo

O xoves a Editorial Galaxia organiza dous actos na Feira do Libro de Vigo para atender a todos os chanzos de idade e intereses. Por unha banda, e dentro da Semana da Música Infantil, a cantante Uxía convertirase na Bruxa Maruxa, un dos personaxes dunha das cancións do libro-disco-DVD, 'María Fumaça' para interpretar algunhas das […]

Conversas, baile e danzas na Feira do Libro de Vigo

Este venres a Editorial Galaxia ten previsto desenvolver un programa moi ambicioso dentro do marco de actividades da Feira do Libro. Tres accións para atender a todos os chanzos de idade e todos os intereses posibles. Así, ás 20 horas celebrarase o acto titulado ‘A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a […]

Presentouse Bágoa de Lúa en Vigo

O pasado sábado, e pechando os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, presentamos o primeiro tomo da triloxía fantástica, obra da escritora Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA. No acto a autora estivo acompañada pola escritora Ledicia Costas e o editor Francisco Castro. A carpa quedou chea de amigos e […]