O luns comeza a Semana da música infantil na Feira do Libro da Coruña

Este venres dá comezo na Coruña a Feira do Libro. E como todos os anos, a nosa editorial vai ter un protagonismo moi importante, destacando moi en especial a Semana da Música Infantil na Feira do Libro baixo do título xenérico de ‘Lemos, cantamos, gozamos’. E así, dende o día 5 ata o 10, artistas […]

Cociña na Feira do Libro da Coruña

'A cociña dos Cunqueiro' o domingo, e 'As lambetadas de LARPEIROS' o luns, serán dúas das primeiras presentacións que a Editorial Galaxia organiza no marco da Feira do Libro da Coruña. Así, o domingo, ás 20.30 horas presentaremos 'A cociña dos Cunqueiro', de Elvira González-Seco Seoane. No acto participarán César Cunqueiro, autor do limiar e […]

'Bícame Frank' e 'Rosalía pequeniña', o martes na Feira da Coruña

Mañá martes, e como todos os días da Feira do Libro da Coruña, a editorial Galaxia terá unha importante presenza. Hai dúas citas, ben distintas, programadas para as 20 horas. Por unha banda, e dentro da carpa infantil e do programa 'Lemos, cantamos, gozamos' contaremos coa presenza de Uxía quen presentará, cun pequeno concerto en […]

Olladas arredor da situación

O novo número da revista GRIAL aborda a cuestión da crise, que non é só económica e financiera. A crise, que (oficialmente) dende o ano 2008 vén conmocionando os mercados, é bastante máis ca unha crise económica e financiera. En moitos aspectos é unha crise moral, política, institucional, psicolóxica, social, cultural, demográfica e tecnolóxica que […]

A Fundación Penzol recoñecida coa Medalla de Galicia

A Xunta acordou o pasado xoves conceder a "máxima condecoración que outorga Galicia", a Medalla de Ouro de Galicia, á Fundación Penzol, á ONCE e, a título póstumo, a Ceferino Díaz. É un galardón que, en palabras do vicepresidente Alfonso Rueda "Galicia lle fai a quen se consideran exemplos a seguir, a aquelas persoas, institucións […]

Anxos Sumai gaña o Premio de Novela García Barros

Hoxe fallouse na Estrada a XXV edición do Premio de Novela García Barros (Ken Keirades) que publicará, como é tradicional, a Editorial Galaxia. Nesta edición, resultou gañadora a obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'. Presentáronse un total de 21 novelas que tivo que avaliar un xurado composto por Inma Otero Varela, Armando Requeixo […]