Elena Poniatowska, Premio Cervantes 2013

Hoxe martes coñecimos a boa nova de que a escritora mexicana Elena Poniatowska, de quen Galaxia publicou en 2009 a súa obra 'A filla do filósofo', fora recoñecida co prestixioso Premio Cervantes, un recoñecemento que concede cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que está dotado con 125.000 euros. O ministro de […]

XXV Aniversario do Premio de Novela Manuel García Barros

O sábado celebrase unha xornada centrada nos 25 anos dun dos premios máis importantes do noso país, como é o García Barros de Novela e cuxas obras gañadoras edita Galaxia. Co gallo desta celebración desenvolverase un programa de actos que deixamos aquí. Programa: 12.00 horas: Recepción de autoridades e invitados. Fotocall. Apertura con pezas musicais […]

Presentación de 'O corazón da Branca de Neve' en Vigo

O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela, 'O corazón da Branca de Neve' o 12 de novembro, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo. Estará acompañado polo director xeral de Galaxia, o escritor Víctor F. Freixanes, e o crítico literario Ramón Nicolás. Esta é unha novela policial e de suspense que […]

Entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Fundación Penzol

O martes 19 de novembro, a Fundación Penzol recibirá a Medalla de Ouro de Galicia nunha cerimonia na Cidade da Cultura. O acto dará comezo ás 18.40 h e será o presidente da Xunta de Galicia o encargado de lle entregar o galardón ao Presidente da Fundación Penzol, D. Alfonso Zulueta de Haz. A distinción […]

Presentación de 'Bícame, Frank' en Vigo

Mañá martes, Miguel Anxo Fernández presentará a nova aventura do detective Frank Soutelo, 'Bícame, Frank'. O autor estará acompañado pola actriz Uxía Blanco e o director de edicións de Galaxia, Carlos Lema, na librería Andel de Vigo ás 20.30 horas. Sobre o protagonista da serie de novelas creadas por Miguel Anxo Fernández, comentaba o crítico […]

Mamá Cabra, finalista dos Premios Galegos da Música

Xa se coñecen os finalistas dos Premios Galegos da Música Martín Códax que pretenden galardoar aos mellores músicos e discos dos publicados no noso país. Na convocatoria deste ano, Mamá Cabra, que o ano pasado publicaron con nós 'Bicos de música' atópase entre os finalistas na categoría de Música Infantil canda Magín Blanco (por 'A […]

Presentación institucional do filme 'A esmorga'

Este mércores desenvolverase en Ourense unha rolda de prensa para presentar aos medios de comunicación o inicio da rodaxe do flime 'A Esmorga' de Eduardo Blanco Amor e no que participa a Editorial Galaxia. A rolda de prensa comezará ás 12h na Praza do Ferro da cidade das Burgas (en caso de choiva trasladarase a […]

Presentación de 'Cociñar con algas' en Baiona

A cociñeira Eva Crespo Vázquez presentará o seu receitario 'Cociñar con algas', acompañada do editor Francisco Castro, dentro do programa 'Descubre o mundo das algas' que se vai desenvolver entre o 1 e o 10 de novembro en Baiona. Neste libro. A cociñeira Eva Crespo ofrécenos 80 completas receitas nas que as algas achegan un […]