Hoxe martes coñecimos a boa nova de que a escritora mexicana Elena Poniatowska, de quen Galaxia publicou en 2009 a súa obra 'A filla do filósofo', fora recoñecida co prestixioso Premio Cervantes, un recoñecemento que concede cada ano o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que está dotado con 125.000 euros.
O ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert, anunciou este martes o fallo do Premio de Literatura en Lingua Castelá Miguel de Cervantes, que na pasada edición foi outorgado ao poeta e escritor gaditano José Cabaleiro Bonald.
O 23 de abril de 2014 (aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes), os Reis farán entrega deste galardón, considerado como o Premio Nobel das letras castelás, nunha cerimonia que terá lugar no Paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares, berce do escritor.