O vindeiro martes será a posta de longo oficial da novela-disco do músico Xoán Curiel e a escitora Charo Pita, 'Estamos no verán!!!, un traballo literario e musical que vai chamar poderosamente a atención de pequenos e grandes.
O libro, da autoría de Charo Pita, cóntanos a historia dun grupo de amigos que, co comezo do verán, van tentar cumprir o seu soño de formar un grupo de rock and roll. Ao tempo, a publicación acompáñase dun CD de música de Xoán Curiel, que serve de banda sonora perfecta para a historia dos rapaces protagonistas.
Escrito en xeito de diario, conta cun traballo de ilustración sorprendente do artista Iván R.
Sen dúbida, un traballo singular absolutamente novidoso dentro da edición galega e que será estreado o vindeiro martes, ás 12 h. no Teatro Principal de Santiago no primeiro dos concertos que se sucederán, nos meses vindeiros, polo conxunto do país.