(foto-montaxe do propio autor)
Mañá presentaremos o libro 'O espido de Gina', do escritor Miguel Anxo Fernández. Xunto co autor, participarán no acto o xornalista José Manuel Rubín e Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. O acto desenvolverase ás 19'30 dentro dos actos da Feira do Libro.
Estamos diante dunha historia que se desenvolve arredor de Marivi e o peculiar taberneiro Dousreás, quen conforman o universo da ficticia Valdesantos, que viu alterada a súa comparacencia de vila na década de 1960, cando os do cine Central anunciaron "Espida fronte ao mundo", con Gina Lollobrigida de protagonista. O autor ofrece o retrato dunha época na que una boa maneira de fuxir da intolerancia, do conformismo e dos "25 anos de Paz" da propaganda oficial eran as películas do Central e a televisión en branco e negro do café Moderno… Miguel Anxo Fernández reivindica a lembranza cun sorriso, porque tamén somos as películas que vimos. Usando unha voz en off, coma Fernando Rey en "Bienvenido Mr. Marschall", un xornalista relata a crónica humorística de mala relación entre as miraxes do cinema e os milagros de igrexa.