Finou Cristina Nóvoa Pedreira, presidenta da Fundación Isla Couto

(foto de Xurxo Lobato) Este serán recibimos a triste nova do pasamento de Cristina Novoa Pedreira, presidenta da Fundación Isla Couto e viúva de Xaime Isla, un dos fundadores da nosa editorial. Cristina Nóvoa Pedreira naceu en Vigo o 5 de marzo de 1922. Foi a terceira de catro irmáns. O seu pai, de ideoloxía […]
Xa podes ler de balde as primeiras páxinas de O ESPIDO DE GINA

Dende o banner situado na nosa web, dende hoxe mesmo xa é posible ler as primeiras páxinas do novo libro de Miguel Anxo Fernández, O ESPIDO DE GINA que, estes días, está a presentarse por todo o país. Podes descargar gratis esas primeiras páxinas que constitúen un petisco literario que servirá, sen dúbidas, para sentir […]
Os editores reuníronse no Galeúsca 2014 en Donosti

Os editores vascos, cataláns e galegos reuníronse durante tres días no tradicional Galeúsca que este ano se celebrou en Donosti. De seguido, as conclusións asinadas por todos e todas as participantes: Editores en lingua catalá, galega e vasca, reuníronse en Igeldo os dias 11, 12 e 13 de Xuño nos encontros GALEUSCA de editores, organizados […]
Xa podes ver MANOLA, o novo vídeo do libro-disco-DVD XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ!

Dende hai uns días xa está subido á nosa canle Sonárboretv o novo vídeo do libro-disco-DVD XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ. Desta volta escollemos o tema titulado 'Manola', unha canción moi pegadiza que, estamos certos, vai, como mínimo, repetir o éxito colleitado por 'O mercado' do anterior traballo da familia María Fumaça. Preme sobre o banner […]
Programa da homenaxe a Agustín Fernández Paz, Premio Trasaba 2014

O vindeiro 29 de xuño, dende as 9.30 da mañá desenvolveranse na Casa Grande de don Ramón, en Traslaba, os actos do programa para recoñecer a Agustín Fernández Paz co Premio Trasalba 2014. PROGRAMA 9,30 horas Dianas e alboradas 10,30 horas Reunión do Padroado da Fundación Otero Pedrayo na biblioteca do Centro de Estudos Oterianos […]
Charla coloquio Con Xavier Alcalá en Ferrol

Dentro dos actos da Feira do Libro de Ferrol, desenvolveremos este venres, ás 11.30 horas, unha charla coloquio con Xavier Alcalá arredor do libro editado pola Editorial Galaxia, 'Viaxes no país do Elal. A Patagonia das aventuras'. Este libro é unha crónica nacida das travesías que Xavier Alcalá leva feito, nos máis variados medios de […]
"Días de Cuba" en Compostela

Un galego-cubano. Un cubano-galego. Asi definiu ao autor o cónsul xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solana, na presentación de "Días de Cuba", a última obra do noso autor, memoria da súa experiencia de tres décadas naquel país, ao que arribou por primeira vez dende Buenos Aires, en 1961, en compaña da súa dona […]
María Solar, Fina Casalderrey e Francisco Castro gañan o Premio Frei Martín Sarmiento

Nunha gala celebrada hoxe na Cidade da Cultura e na que se recolleu o veredicto de varios miles de alumnos e alumnas de Galicia, 'A verdadeira historia da mosca da tele', de María Solar, e 'O neno can' de Fina Casalderrey e Francisco Castro, foron dous dos libros triunfadores na gala celebrada este venres no […]