Presentación de 'Crónicas dun tempo escondido' en Pontevedra

Categoría: Nova

Este xoves presentamos o o novo libro de Sabino Torres, 'Crónicas dun tempo escondido' en Pontevedra. Intervirán, ademais do autor, o Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero e Victor F.Freixanes, director xeral de Galaxia.

O LIBRO

En realidade son algo máis ca unhas memorias. Voz persoal e compartida. Cronica coral. Narración de poeta, editor, xornalista, cidadán… Testemuña dun tempo escuro e aínda así cheo de luces, relampos no fuscolusco, que invitan a reconstruír un período da nosa historia máis próximo do que parece. Sabino Torres, con humor, con intelixencia, cunha prosa áxil e desinhibida, recupera un tempo pouco coñecido da nosa historia contemporánea (da nosa historia cultural e da nosa historia social), centrado na vila do Lérez entre o ano 1936, coincidindo co levantamento dos militares en África e as manifestacións a prol da República, que o autor viu como reprimían sendo un rapaciño de 12 anos mentres xogaba ás bólas cos compañeiros na alameda pontevedresa, ata o ano 1969, en que decide deixar Galicia para iniciar novos camiños profesionais e vitais. Pero a memoria volve, forma parte de nós. Imposible agochala.

Compartir na redes sociais: